O Botafumeiro é
unha revista dixital de humor en galego con periodicidade mensual. Recolle
textos e banda deseñada. Nela participan moitos dos autores que coñecemos:
Manel Cráneo, Alberto Guitián, Roque Romero, Bernal Prieto, Xiomara Correa,
Diana López, Kaz, Tayone, Martín Romero, Brais Rodríguez… eJano con páxinas de Nacho Camacho, viñetas
de A Ollada do Chosco e novos personaxes e series. Podes
atopalo nesta páxina.
Sacoponcho é unha publicación
autoeditada que reúne os novos talentos do colectivo de banda deseñada Fume de Carozo: Xulia Vicente, Uxía Larrosa,
Luís Yang e Paloma Tarrío. A edición complétase con aportacións de ilustración
a páxina completa de debuxantes como Jorge Peral ou Yago García.