BIBLIOTECA IES MARQUÉS DE SARGADELOS.

11/4/18

OBRA DE TEATRO. CASA DA CULTURA DE BURELA. REPRESENTACIÓN DA OBRA DE MARÍA VICTORIA MORENO: "Leonardo e os fontaneiros".


PICA NA IMAXE PARA VER AS FOTOS.

Letras Galegas 2018. O alumnado de 1º e 2º de ESO, acompañado de alumnos e alumnas dos institutos de Burela asistiu á representación teatral dunha obra de teatro inspirada no libro “Leonardo e os fontaneiros” de María Victoria Moreno, autora homenaxeada con motivo da celebración do Día das Letras Galegas 2018. Unha experiencia agradable e interesante segundo a opinión dos asistentes. Proximamente, o alumnado de 3º e 4º e 1º Bacharelato asistirá en Viveiro á representación doutra das obras da mesma autora “Anagnórise”, será o 15 de maio.