BIBLIOTECA IES MARQUÉS DE SARGADELOS.

26/4/22

DÍA DO LIBRO 2022.

Sacamos os libros dos andeis: estamos aquí -nos dixeron -.

Fomos combinando títulos dispersos, creamos imaxes, metáforas, ideas suxestivas e variadas, evocadoras nostalxias máis ou menos logradas; encontramos unha certa unidade no diverso. Tamén levamos este traballo ás aulas. Dos libros sempre estamos aprendendo.

Lede moito!










5/4/22

CHARLA SOBRE CIBERSEGURIDADE E ADICIÓNS.

 Hoxe, contamos coa presenza de Ramón Peña, formador da Garda Civil. Impartiu dúas charlas enmarcadas dentro do do Plan director 2022; unha para o alumnado de 3º ESO e outra para o de 4º de ESO:

Temas: As adicións e a Ciberseguridade.