ttp://praza.gal/cultura/8112/a-cultura-galega-chora-o-pasamento-de-begona-caamano/
Begoña Caamaño, a xornalista e escritora, foise onte pola tarde, despois dunha longa enfermidade.
Autora de libros
como Morgana en Esmelle e Circe ou o pracer do azul,
obtivo premios coma o Ánxel Casal da AGE ao mellor libro de ficción, o premio
da AELG á mellor obra narratica do 2912, o premio da crítica de narrativa
galega, o premio Antón Losada Diéguez do 2013 e premio da Crítica española ao
mellor libro de narrativa.
A súa foi unha obra
meteórica que nos devolveu aos mitos que sempre foron de noso: a materia de
Irlanda e as viaxes de Ulises (desta vez con Penélope e Circe mirándose sobre a
cabeza do loitador). Con ela volvemos a percorrer os camiños de Cunqueiro,
volvendo aos tempos que nunca se foron, agora vistos coa mirada de muller, unha
mirada lila.
As súas palabras:
“Considero o
feminismo como un humanismo global. Poñer as gafas lilas é poñerte na pel de
quen padeceu a exclusión, non falar desde a historia narrada polos vitoriosos,
senón de quen sufriu a exclusión por ser considerad@ menor e secundari@”,
defendía Begoña Caamaño, da súa maneira activista de situarse no mundo.
(…)”.