BIBLIOTECA IES MARQUÉS DE SARGADELOS.

Mostrando entradas con la etiqueta MOCHILAS VIAXEIRAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MOCHILAS VIAXEIRAS. Mostrar todas las entradas

26/1/26

MOCHILAS VIAXEIRAS


A lectura bota a andar!

No IES Marqués de Sargadelos entregamos as Mochilas Viaxeiras ao alumnado de 1º da ESO, unha actividade impulsada polo Equipo de Biblioteca.

Cada mochila vai cargada de libros para gozar en familia, descubrir novas historias e levar a lectura fóra do centro. Agora circularán de fogar en fogar, enchendo o camiño de imaxinación, aprendizaxe e ilusión.

Desexámosvos unha viaxe chea de boas lecturas!




18/10/24

Mochilas Viaxeiras 2024/2025

Esta semana iniciamos a actividade das Mochilas Viaxeiras nos grupos de 1º ESO A e B. O titor e titora explicaron a actividade ao alumnado nas sesión de titoría e fixeron entrega das mochilas aos primeiros de cada lista, e así irán circulando quincenalmente por toda a a clase. As mochilas conteñen material diverso (divulgación, cómic, unha película, arte). Con esta iniciativa, que xa leva en marcha varios cursos escolares, pretendemos fomentar o gusto pola lectura á vez que queremos incluír e implicar ás familias no desfrute e coñecemento da biblioteca escolar e os seus materiais.





 

7/11/23

Mochilas viaxeiras 2023/2024

 

As mochilas viaxeiras inician a súa viaxe neste curso co novo alumnado de 1º ESO. Leváronse dúas mochilas a cada grupo que irán rotando cada quince días por todos os alumnos e alumnas. Esas mochilas conteñen material diverso: un DVD, un cómic e outros libros ilustrados divulgativos e de ficción. Subimos algunhas imaxes do momento da entrega e recollida.





 

20/10/22

Chegan as Mochilas Viaxeiras á nosa biblioteca

 

O alumnado de 1º da ESO está a participar no Proxecto da biblioteca, Mochilas viaixeiras.

Retomamos esta actividade para os alumnos e alumnas deste curso. As mochilas conteñen material variado: divulgativo, de ficción, unha película... e irán rotando cada 15 días para que todas as familias desfruten dese material.

Animamos ás familias a participar e a que nos acheguen os seus comentarios.