BIBLIOTECA IES MARQUÉS DE SARGADELOS.

13/6/23

Charlas PLAN DIRECTOR: Adiccións e Sexting

Este luns 12 de xuño tivemos a sorte de contar unha vez máis con Ramón Peña da Comandancia da Garda Civil de Lugo que veu impartir unhas charlas ao alumnado do noso centro dentro do Plan Director.

O alumnado de 3° e 4° de ESO recibiu formación sobre as adiccións con substancia. Falaron sobre drogas socialmente aceptadas como o alcol e tabaco e os efectos nocivos que producen no noso corpo mais tamén tiveron tempo para falar doutras substancias nocivas.

.
 







Posteriormente o alumnado de 2° de ESO tivo unha charla sobre a difusión de contidos de natureza sexual por medio de teléfonos móbiles ou redes sociais o que popularmente se coñece mediante o anglicismo "sexting".
 

Mediante este encontro preténdese sensibilizar e orientar sobre comportamento que poden derivar en accións delictivas.

Tamén é importante facilitarlles ferramentas para evitar converterse en vítimas e por último, inculcarlles a necesidade de comunicar ou solicitar axuda se fose necesario

6/6/23

Charla CUALE

Hoxe achegáronse ata o centro os profesores Bernardo Penabade e Vanesa Vila Verde para falar co alumnado de 4º de ESO e de 1º de BAC do programa CUALE de portugués, unha formación complementaria en portugués do alumnado como preparación para as probas de certificación dos niveis das ensinanzas especializadas de idiomas.





 

Recomendacións literarias para o verán

Desde a biblioteca do IES Marqués de Sargadelos realizamos as seguintes recomendacións de lecturas para este verán. 

Visitade a pequena exposición que hai á entrada da biblioteca e pasade o verán lendo e desfrutando de novas historias.