BIBLIOTECA IES MARQUÉS DE SARGADELOS.

Mostrando entradas con la etiqueta DÍA DE ROSALÍA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DÍA DE ROSALÍA. Mostrar todas las entradas

23/2/26

DÍA DE ROSALÍA

 23 de febreiro, día de Rosalía

Cada 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía, unha data moi especial para a cultura galega, pois conmemora o nacemento de Rosalía de Castro (1837–1885), unha das figuras máis importantes da nosa literatura.

Rosalía foi pioneira na defensa da lingua galega nun momento no que estaba relegada ao ámbito oral. Coa publicación de Cantares Gallegos en 1863, marcou o inicio do Rexurdimento, devolvéndolle ao galego o seu prestixio como lingua literaria. Outras obras destacadas como Follas Novas e En las orillas del Sar amosan unha voz íntima, comprometida e profundamente humana.

Na biblioteca queremos renderlle homenaxe cunha pequena exposición de libros, poemas e materiais sobre a súa vida e obra. Animámosvos a achegarvos, descubrir ou redescubrir os seus versos e celebrar a forza dunha autora que segue a emocionarnos hoxe.

Porque Rosalía non é só pasado: é identidade, é lingua e é memoria viva.




21/2/25

Día de Rosalía 2025. Recital de poesía.

Con motivo da conmemoración do día de Rosalía o 23 de febreiro, o alumnado de Lingua e Literatura galega de 2º ESO preparou a lectura dunha serie de poemas da autora para despois seren recitados na biblioteca. Con este tipo de actividades, ademáis de promover o gusto pola lectura e o coñecemento da producción literaria da autora, intentamos que os estudantes se habitúen a dirixirse ao público, que gañen confianza en sí mesmos e que sexan capacer de ler en voz alta utilizando unha entoación e dicción correctas.














 

23/2/24

Día de Rosalía de Castro

 

Hoxe recordamos a Rosalía de Castro no seu aniversario de nacemento. Expoñemos un cartel-collage con diversas imaxes relacionadas coa autora, por exemplo, a casa onde naceu, bustos e graffitis en distintas cidades, un teatro que leva o seu nome, unha aeronave noruega cunha impresión da súa foto ou unha estrela do firmamento nomeada Rosalía. No outro expositor, algúns traballos de alumnos e alumnas de diferentes cursos que lle rinden homenaxe.



 


27/2/23

Día de Rosalía. Recitado de poemas de Rosalía de Castro

O pasado xoves celebrouse o Día de Rosalía e o alumnado de 3º de ESO recitou algúns dos poemas da afamada escritora. Aquí tedes unha recompilación.


Tamén vos deixamos fotos dos seus traballos para conmemoras este día.







Caligramas Día de Rosalía

 

O alumnado de 3º de ESO elaborou caligramas na materia de Educación Plástica e Visual para celebrar o Día de Rosalía 2023. Os traballos están expostos na Biblioteca do centro.