BIBLIOTECA IES MARQUÉS DE SARGADELOS.

Mostrando entradas con la etiqueta Charla Ciclos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Charla Ciclos. Mostrar todas las entradas

18/6/24

Charla Ciclo formativo de Grao Medio de Sistemas microinformáticos e redes

Onte os compañeiros do centro educativo IES Illa de Sarón achegáronse ao centro para informar ao alumnado de 4º de ESO e de FPBásica do funcionamento do Ciclo formativo de Grao medio de Sistemas microinformáticos e redes.

Durante a charla explicóuselles a organización e materias dos dous cursos e varios alumnos mostráronse interesados en cursar este ciclo cando rematen os seus estudos.







22/5/23

Charla Ciclo Hostelería do IES de Foz

O pasado venres o profesorado de Hostelería do IES de Foz achegouse ao noso centro para informar o alumnado de 4º da ESO da oferta educativa que se imparte no seu centro.

  • Ciclos Profesionais Básicos:

        - Servizos Administrativos.

        - Cociña e Restauración
 

  • Ciclos Profesionais Grao Medio:

        - Cociña e Gastronomía.

        - Servizos de Restauración.

  • Ciclo Profesional de Grao Superior:
        - Dirección de Cociña

Despois tiveron a oportunidade de desfrutar na "food truck" de cafés, batidos, tartas e galletas que elabora o propio alumnado no ciclo.











Charla Ciclos Formativos IES Perdouro

 O pasado venres achegouse ata o noso centro profesorado do IES Perdouro de Ciclos Formativos para impartir unha charla ao alumnado de 4º de ESO.

Recibiron información sobre os diferentes ciclos que oferta ese centro:

  • Ciclos Básicos:

    - Ciclo Básico de Fabricación e Montaxe.

    - Ciclo Básico de Servizos Administrativos.
 

  • Ciclo Profesional de Grao Medio:

    -Instalación de Telecomunicacións.

    - Mecanizado.

    -Peiteado e Cosmética Capilar.

    - Xestión Administrativa.





























24/1/23

Charla "Que ten que ver a química con nós?

Onte tivemos a sorte de contar con Ricardo Riguera Vega no noso IES. Este profesor da USC veu falarlle ao alumnado de Ciclo Superior de Química Industria da conexión entre a Química e a vida cotiá de todos nós, con exemplos de produtos naturais, fármacos, plásticos e outros compostos que empregamos todos os días. Tamén se mostraron exemplos comúns dos procesos baseados na biotecnoloxía, a ecoloxía e as nanociencias.  

 






Charla "Todo está conectado: as pegadas ambientais da actividade industrial"

O pasado xoves 19 de xaneiro a profesora da USC Almudena Hospido Quintana realizou unha conferencia telemática sobre as pegadas ambientais da actividade industrial para o alumnado de 1º e 2º de Ciclos Formativos de Química Industrial.

Tratáronse temas como que a pegada de carbono mide as emisións totais de gases de efecto invernadoiro ao longo do ciclo de vida dun produto, expresadas en unidades de CO2 equivalente. A pegada hídrica mide os posibles impactos ambientais relacionados co uso da auga. A través dun caso de estudo realizado en colaboración cunha conserveira galega, presentáronse ambos os indicadores e o seus respectivos procedementos de cálculo e normas ISO que os regulan. Ademais visibilizaron a vinculación de ambas as pegadas e a súa implicación na toma de decisións relativa á escolla da localización máis axeitada para proxectos de forestación (como exemplo de acción de mitigación dos efectos do cambio climático).

Deixámosvos algunhas fotos do momento.