BIBLIOTECA IES MARQUÉS DE SARGADELOS.

Mostrando entradas con la etiqueta FORMACIÓN DE USUARIOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta FORMACIÓN DE USUARIOS. Mostrar todas las entradas

27/9/24

Formación de usuarios e usuarias. Entrega de carnets, 1º ESO-A

Hoxe tócalle o turno ao alumnado de 1º ESO-A e realizamos a mesma actividade que fixemos cos seus compañeiros.Nas fotos vemos a todos en distintos momentos da sesión.









9/11/21

ACCESO Á INFORMACIÓN EN INTERNET. ACTIVIDADE ORGANIZADA POLO DEPARTAMENTO DE INFORMÁTICA DE INTERESE PARA OS USUARIOS DA BIBLIOTECA. A IMPORTANCIA DE ACCEDER Á REDE SEGUROS E A FONTES DE INFORMACIÓN FIABLES.

Que é a privacidade? A importancia de protexer os nosos datos persoais en Internet, a exposición pública dos mesmos. Por que de maneira "incomprensible" aparece o noso nome e apelidos en google? Os usuarios debemos controlar a información persoal que compartimos de maneira inconsciente.

Todas estas cuestións foron tratadas esta mañá na charla impartida por Francisco Marcilla na nosa biblioteca.







26/10/21

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2021.

Lemos unha especie de manifesto que nos fai pensar sobre a importancia da nosa biblioteca, o seu valor e o que nos aporta día a día. 

Coñecémola máis de cerca, as súas seccións, documentos variados, espazos, actividades, expositores, taboleiros de noticias. Aproveitamos para realizar unha sesión de formación de usuarios.

Unha vez realizado este exercicio de reflexión, practicamos hoxe aquí unha actividade que habitualmente realizamos na aula: traballamos a descrición a partir da observación do espazo no que estamos.

Tarefa realizada polo alumnado de 1º de ESO na materia de Lingua galega.

Unhas imaxes.












9/10/20

FORMACIÓN DE USUARIOS. ENTREGA DE CARNETS DE BIBLIOTECA.

O novo alumnado de 1º ESO recibe o carnet de usuario e coñece de cerca o funcionamento da nosa biblioteca.