A educación afectivo-sexual foi a protagonista das charlas desenvolvidas o luns 18 de maio para o alumnado de 1º e 2º da ESO, nunha actividade organizada pola ANPA do IES Marqués de Sargadelos, e ofertada por FAPACEL.

A educación afectivo-sexual foi a protagonista das charlas desenvolvidas o luns 18 de maio para o alumnado de 1º e 2º da ESO, nunha actividade organizada pola ANPA do IES Marqués de Sargadelos, e ofertada por FAPACEL.

As matemáticas tamén son maxia!
O alumnado de 2º ESO viviu unha experiencia diferente da man de Daniel, O Mago Errante. Co espectáculo "As matemáticas detrás do imposible", descubriron que a lóxica e a ilusión poden ir da man.
Unha actividade organizada polo Departamento de Matemáticas na biblioteca do noso centro para aprender, sorprenderse... e mirar os números con outros ollos.
Hoxe o alumnado de 1º e 2º ESO participou en "A enerxía en xogo", un taller interactivo da Fundación Naturgy, organizado polo Departamento de Tecnoloxía. Durante dúas sesións intensas na biblioteca, aprenderon xogando sobre eficiencia enerxética, sustentabilidade e toma de decisións responsables.
Foi unha experiencia divertida e educativa, na que o alumnado traballou en equipo, investigou e reflexionou sobre o futuro enerxético do noso planeta.
As primeiras foron dirixidas a 2º e 3º da ESO, e FP Básica, sobre a prevención dos delitos de odio, que son actos que implican discriminación, hostilidade ou violencia contra un grupo baseado en características como raza, relixión, orixe, orientación sexual ou discapacidade.
A continuación, co alumnado de 1º da ESO tratou as consecuencias que padecen as persoas que sofren o acoso escolar, xa sexa o acoso tradicional ou que se que produce facendo uso de medios tecnolóxicos. Puxo especial atención en que é responsabilidade de todos e todas denuncialo e combatelo.
Por último, impartirónse dúas charlas sobre prevención de delitos sexuais nos que puideran estar implicados nenos, nenas e adolescentes, como vítimas e como autores, para alumnado de 2º e 3º da ESO e 1º FP Básica.