BIBLIOTECA IES MARQUÉS DE SARGADELOS.

Mostrando entradas con la etiqueta VIOLENCIA DE XÉNERO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta VIOLENCIA DE XÉNERO. Mostrar todas las entradas

25/11/25

25N

 📚💜 25N na biblioteca do centro 💜📚

Este ano conmemoramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres cun espazo moi especial: o noso punto violeta, onde presentamos unha selección de libros para pensar, sentir e tomar conciencia.
✨ “Que o único que che roube o alento sexa un libro” é o lema que guía esta iniciativa.

Ao longo da biblioteca tamén agardan citas repartidas polas mesas e estanterías, pequenas pinceladas de reflexión para acompañar as lecturas, xunto cunha exposición de carteis elaborados polo alumnado, que enchen o espazo de creatividade, sensibilidade e compromiso.

A lectura é unha das mellores ferramentas para construír igualdade. Sigamos lendo, aprendendo e avanzando xuntas e xuntos. 💜📖




2/12/24

25 N

Con motivo da conmemoración do 25 N, Día da Eliminación da Violencia contra a Muller o alumnado de Oratoria de 3º de ESO realizou unha representación na Biblioteca do centro baseada na obra Invisible de Aizpea Goenaga. 

O contexto é o seguinte: unha muller acaba de ser maltratada fisicamente polo seu marido. Na obra interveñen varias voces como a nai que insiste en que volva coa parella ou unha amiga, que lle dá ánimos para que continúe coa denuncia.

Deixámosvos aquí a obra completa:

22/11/24

25 de novembro: Día internacional da eliminación da violencia contra a muller

Os alumnos e alumnas de Educación Plástica de 4º ESO abordaron esta temática e elaboraron uns carteis valéndose dunha aplicación de fotografía, o resultado son uns impactantes pósters que nos invitan a tomar conciencia desta lacra social que padecemos. Expoñémolos no taboleiro da entrada xunto con algunhas publicacións que tratan sobre diversos temas como, a igualdade, as relacións de parella, o papel da muller noutras épocas, o feminismo ou mulleres destacadas en distintos ámbitos e que serven de referente as xeracións vindeiras.

 




 

8/1/24

Charla Prevención violencia de xénero

O alumnado de 1° de ESO recibiu unha charla sobre Prevención da violencia de xénero impartida polo CIM de Burela. Durante a charla realizouse unha aproximación aos conceptos básicos sobre violencia de xénero, as súas características e os seus efectos.









24/11/16

CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.


MURAL ELABORADO NO IES LAXEIRO E ALGÚNS MATERIAIS PARA TRABALLAR CON MOTIVO DA CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DA VIOLENCIA DE XÉNERO 2016.


MANEQUIN CHALLENGE. IES JOHAN CARBALLEIRA.


IES LAXEIRO.


IES SAN PAIO. TUI.

Dúas listas de reprodución de vídeos.-
Educando contra a violencia de xénero  e  Mulleres vítimas da tecnoloxía.
http://www.edu.xunta.gal/centros/iessanpaio/node/1505

E a presentación.-
Violencia contra a muller, territorio das artes
http://www.edu.xunta.gal/centros/iessanpaio/node/1506

IES CONCEPCIÓN ARENAL.
Gustaríanos mostrarvos o traballo que fan os alumnos de Bacharelato de Artes para denunciar este problema. 


Enviamos o enlace ao blog.