Durante a última semana do presente curso, o grupo de estudiantes de 3º ESO realizou un pequeno traballo de investigación acerca de homes e mulleres matemáticas que resultaron fundamentais para o desenvolvemento de varios proxectos como por exemplo a creación dun algoritmo informático ou a invención dunha Máquina analítica, entre outros. De aí, o título que escolleron para a súa exposición: "Para que serven as mates?"
20/6/24
18/6/24
Charla Ciclo formativo de Grao Medio de Sistemas microinformáticos e redes
Onte os compañeiros do centro educativo IES Illa de Sarón achegáronse ao centro para informar ao alumnado de 4º de ESO e de FPBásica do funcionamento do Ciclo formativo de Grao medio de Sistemas microinformáticos e redes.
Durante a charla explicóuselles a organización e materias dos dous cursos e varios alumnos mostráronse interesados en cursar este ciclo cando rematen os seus estudos.
14/6/24
Charla Educación afectivo-sexual familias
Esta semana realizouse unha charla de Educación afectivo-sexual para as familias do noso alumnado. Grazas á colaboración de Sonia Martínez, sexóloga e psicóloga, os pais e nais coñeceron de primeira man para que serve a educación afectivo-sexual, cando comezar a falar cos filos/as destes temas, algunhas claves para comezar e recursos que poden axudar ás familias de forma divertida.
28/5/24
Charla "Navega con rumbo"
Navega con rumbo é un programa encamiñado, por unha parte ao alumnado, para guialos cara a unha navegación segura, tratando de evitar que sexan vítimas de condutas como o ciberacoso ou outros riscos da rede, e por outra, para o profesorado e familias, facéndoos partícipes das recomendacións que eles poden aprender de maneira que tamén sexan transmisores de boas prácticas aos menores e adolescentes.
Na charla participou o alumnado de 1º de ESO.
24/5/24
Gañadores Concurso de Folletos de Luísa Villalta
17/5/24
Acto Letras Galegas 2024 Luísa Villalta
Acto para conmemorar o Día das Letras Galegas realizado onte na biblioteca do centro.
Contamos coa axuda de alumnado de 1° de ESO.
Grazas
pola colaboración rapazada!
15/5/24
Encontro con Antía Yáñez
O pasado luns 13 de maio o alumnado de 1º de BAC recibiu a visita da escritora Antía Yáñez para falar da súa obra Senlleiras. Obra coa que gañou o Premio Illa Nova de Narrativa en 2018.
O alumnado tomou conta do proceso de elaboración da obra, coñecendo detalles como a ubicación de edificios e das pasaxes máis importantes do libro.
Letras Galegas 2024
Preparamos unha pequena homenaxe á galardonada deste ano, Luísa Villalta. Presentamos un póster coa imaxe desta escritora coa cidade de A Coruña acompañándoa e elaboramos un panel que inclúe artigos periodísticos e fotografías de distintos momentos na súa vida artística, literaria e musical.
Certame de folletos Luísa Villalta. Letras galegas 2024.
Por outra banda, o Departamento de Lingua e Literatura Galega convocou este concurso de folletos. Así, o alumnado de Lingua e Literatura Galega en todos os cursos elaborou un tríptico acerca desta autora e están expostos na Bilioteca.
26/4/24
Entrega de premios aos gañadores no torneo de xadrez
Entrega de premios aos gañadores deste II Torneo de Xadrez.
Agradecemos a todos os xogadores (11) a súa participación e
agasallamos a todos eles cun vale para a
cafetería do instituto. Felicitamos aos 4 gañadores, estes últimos
recibiron un vale para ser canxeado por material de papelería ou
librería. Agradecemos tamén ao profesor Rubén Ceñal a súa colaboración na organización e supervisión de todas as partidas.
O 1º premio foi para Enzo Juárez Exposito, de 1º de Bacharelato, o 2º para Iker Teixeira Amate, de 4º ESO, o 3º para Mateo Melón Suárez, de 3º ESO e o 4º para Daniel Gómez Lamelas, de 4º ESO.
23/4/24
Día do libro, abril 2024
Para conmemorar este día preparamos unha exposición cunha selección de viñetas de autores ben coñecidos como Forges, Davila, Quino ou Xaquín Marín que, dun xeito irónico e cómico, aluden á importancia da lectura. Ademáis, o alumnado de Plástica de varios cursos elaborou uns carteis utilizando a mesma técnica de viñetas para abordar esta temática: os beneficios da lectura. Amosamos algunhas imaxes.
12/4/24
Charla Plan Director: Adiccións con substancia
O xoves 4 de abril o alumnado de 3° de ESO e 1° de FPBásica recibiu unha das charlas concedidas dentro do Plan Director que leva o nome de “Adiccións con substancia".
A charla foi impartida por Ramón Pena da Comandancia da Garda Civil de Lugo que, de novo, se achegou ao noso centro para tocar o tema das drogas socialmente aceptadas como o tabaco e alcol e os efectos nocivos que producen no noso corpo mais tamén tiveron tempo para falar doutras substancias nocivas.











































