A banda deseñada para os máis novos segue a ser unha flor de
invernadoiro, por iso recibimos con tanto agarimo cada unha das entregas de Marcopola, a illa remeira de Jacobo Fernández. Acaba de saír á luz Marcopola a illa Remeira 3: Dragoneta.
Nela, o autor reflite unha vez máis, a creatividade desbordante que o
caracteriza. Un nbovo personaxe,Demoneta, poderá converterse en Dragoneta
grazas a unha apócema fabricada polo alquimista Brisgovius; agora voa e bota
lume pola boca pero o seu tamaño diminuiu e quedou pequerrechiña ¡é o que ten
xogar con beberaxes"; o seu empeño por levar a cabo misións bondadosas
terá resultados irregulares... Publicado por Edicións
Xerais de Galicia.
*Nacho Camacho é o novo cómic de Jano, con guión de Rodrigo Cota. Nacho Camacho é un personaxe
nada recomendable: vago e machista, cheo de prexuízos e homófobo; pero todo
porxo ten o seu san martiño e Nacho é pai dun rapaz homosexual ¡el sínteo como
unha gran desgraza! e alguén sorrí pensando que é un xusto castigo á súa
maneira d epensar e actuar. Neste volume recompílanse as historias xa
publicadas na desaparecida revista Retranca e
unha historieta nova e máis longa relacionada co Camiño de Santiago.
Publicado por Demo Editora.