As laranxas máis laranxas de todas as laranxas pasou a ser a primeira peza
teatral destinada ao público infantil posta en escena polo Centro Dramático Galego.
Esa vella arela que un día reivindicara publicamente Cándido Pazó no nome de
todos os mediadores da literatura infantil e de toda a rapazada deste país
levouse a cabohai máis dunha década.
A obra que fora o primeiro premio do certame de teatro O Facho pasou a
ser tamén a primeira obra representada polo CDG. Carlos Casares, o seu autor
ben o merecía. O elenco, a posta en escena, a escolla da dirección (o portugués
José Martíns), a música e todo o que xirou arredor desta obra constituiu unha
aposta ilusionante. Agora, volve as táboas co CDG e Jose Caldas. Os nenos e as
nenas non son sempre os mesmos e poderán espertar á ilusión e á cretividade das
mans desta peza.
Velaquí a guía didáctica e as datas e lugares de representación