BIBLIOTECA IES MARQUÉS DE SARGADELOS.

Mostrando entradas con la etiqueta UDC. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta UDC. Mostrar todas las entradas

23/4/25

Charla Grao en Terapia Ocupacional

Onte achegáronse ao centro Lucía e María, dúas exalumas que están a estudar Terapia Ocupacional na UDC.

Faláronlles ao alumnado de 4° de ESO e tamén ao de 1° de BAC das posibilidades que lles ofrece esta carreira e tamén aportaron anécdotas sobre a súa experiencia persoal: materias, prácticas etc.








26/2/24

Charla "Machine Learning: ¿qué es eso y cómo funciona?

Hai uns días achegouse ao centro Carlos Fernández Lozano, profesor da UDC, para impartir unha charla ao alumnado de 1° de BAC sobre a intelixencia artificial.

Machine Learning: ¿qué es eso y cómo funciona? é unha charla de divulgación que calquera persoa pode comprender. O machine learning é un conxunto de algoritmos que se entrenan sobre uns datos e son capaces de extraer os patróns dos mesmos que lle permiten aprender a información presente. Ao longo da charla comparouse o funcionamente destas intelixencias co propio proceso de aprendizaxe dos humanos, xa que as técnicas de machine learning tratan de emular comportamentos da natureza.