BIBLIOTECA IES MARQUÉS DE SARGADELOS.

Mostrando entradas con la etiqueta DÍA DO LIBRO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DÍA DO LIBRO. Mostrar todas las entradas

24/4/26

DÍA DO LIBRO

O 23 de abril celebramos o Día do Libro, unha data na que se conmemora a importancia da lectura e o poder das palabras, así como a maxia das historias que nos levan a novos mundos, ideas e emocións. Este día ten un significado especial, xa que coincide co falecemento de grandes autores da historia, como Miguel de Cervantes e William Shakespeare, converténdose así nun símbolo universal da cultura e da lectura.
Cada libro é unha porta aberta á imaxinación, á aprendizaxe e ao crecemento persoal.
Desde o Equipo de Biblioteca, quixemos sumarnos a esta celebración cunha coidada selección de libros e propostas pensadas especialmente para o noso alumnado, fomentando así o amor pola lectura e o descubrimento de novas historias.
Porque ler non só nos ensina, tamén nos conecta, nos inspira e nos transforma.

 
 
 
 

23/4/24

Día do libro, abril 2024

 

Para conmemorar este día preparamos unha exposición cunha selección de viñetas de autores ben coñecidos como Forges, Davila, Quino ou Xaquín Marín que, dun xeito irónico e cómico, aluden á importancia da lectura. Ademáis, o alumnado de Plástica de varios cursos elaborou uns carteis utilizando a mesma técnica de viñetas para abordar esta temática: os beneficios da lectura. Amosamos algunhas imaxes.








23/4/23

Día do libro 2023

Na biblioteca do centro tamén celebramos o Día do libro 2023.

Fai que a lectura encaixe na túa vida.





Plataforma E-LBE.2

Incorporámonos á plataforma de préstamo dixital E-LBE.2

Esta plataforma procura ampliar as experiencias e as posibilidades que ofrece para a mellora da competencia  lectora e dos hábitos de lectura entre os máis novos.

Durante o curso xa puideron desfrutar dela con lecturas como A dúbida de María Reimóndez, As meigas de Lupa de María Solar, Xa non estou aquí de Iria Misa, O que sei do silencio de Andrea Maceiras, A neve interminable de Agustín Fernández Paz e O corazón de Xúpiter de Ledicia Costas.







26/4/22

DÍA DO LIBRO 2022.

Sacamos os libros dos andeis: estamos aquí -nos dixeron -.

Fomos combinando títulos dispersos, creamos imaxes, metáforas, ideas suxestivas e variadas, evocadoras nostalxias máis ou menos logradas; encontramos unha certa unidade no diverso. Tamén levamos este traballo ás aulas. Dos libros sempre estamos aprendendo.

Lede moito!










21/4/16

A ARTE DE LER. A LECTURA NA PINTURA.


https://docs.google.com/presentation/d/1IcYimgy-E2GzbeeLw-oXSwZ0LtVvr9C5V398zBmlAzQ/edit?usp=sharing

DÍA DO LIBRO 2016.