BIBLIOTECA IES MARQUÉS DE SARGADELOS.

Mostrando entradas con la etiqueta NOVAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta NOVAS. Mostrar todas las entradas

30/11/25

Novidades




 Esta semana, o espazo de exposicións da biblioteca renóvase cun conxunto de contidos que unen actualidade, literatura e reflexión crítica sobre os medios.

Por unha banda, presentamos os novos carteis dedicados as estreas cinematográfics e literarias do momento, unha selección visual que permite ao alumnado coñecer as tendencias actuais tanto na sala de cine como nas librarías. Acompáñanse tamén recortes de prensa con entrevistas culturais recentes, que ofrecen unha mirada directa a voces destacadas do panorama artístico e literario.

Ademais, incluímos un artigo informativo sobre Roblox, centrado na problemática da verificación de identidade e nos riscos que isto supón para a seguridade dos menores en contornas dixitais. Un recurso pensado para promover o espírito crítico e o uso responsable das plataformas en liña.

Aproveitamos tamén o lanzamento da nova versión cinematográfica de Frankenstein dirixida por Guillermo del Toro para convidar a redescubrir o clásico de Mary Shelley. No panel correspondente pódese consultar información sobre a autora, o contexto da obra e a súa enorme influencia na literatura fantástica e de ciencia ficción.


Novidades da semana

 

13 de novembro

Esta semana o espazo de novidades da biblioteca resalta por unha banda uns carteis explicativos dedicados ao centenario do nacemento de Ana María Matute, unha das grandes voces da narrativa española do século XX. No panel pódese consultar unha breve contextualización da súa vida e obra, así como unha selección representativa dos seus libros dispoñibles na biblioteca, para que quen o desexe poida achegarse ao seu universo literario.  

Xunto a ela, tamén se inclúen materiais sobre Eduardo Mendoza, recentemente recoñecido co Premio Princesa de Asturias das Letras. Amosamos unha pequena mostra das súas obras máis destacadas, acompañadas dun resumo introdutorio que permite comprender mellor a relevancia deste autor na literatura contemporánea.

Finalmente, o noso cartel incorpora tamén unha referencia cultural de actualidade: o estreo da película Bugonia. Para facilitar o achegamento ao novo filme, engadimos unha sinopse clara e unha breve crítica que axuda a valorar os seus principais acertos, temas e proposta narrativa.

Con esta combinación de literatura, análise e cultura audiovisual, a biblioteca quere ofrecer cada semana un espazo dinámico que esperte a curiosidade e anime a descubrir novas lecturas e creacións artísticas. 

19/10/25

Información variada

Novidades

16 de outubro

Mostraremos de forma habitual as diferentes estreas de cine e os libros máis vendidos no taboleiro de novas.



Premio Planeta 2025

 15 de otubro.

Recollemos no taboleiro de Novas artigos relativos o Premio Planeta 2025, para Juan del Val coa novela Vera, una historia de amor.

A escritora galega Ángela Banzas quedou finalista coa novela Cuando el viento hable.



Premio Nobel de literatura 2025: László Krasznahorkai

9 outubro

Recollemos no taboleiro de Novas varios artigos sobre o novo premio Nobel de literatura.

Krasznahorkai é un autor coñecido por unha prosa densa, de longas frases, tons que combinan o melancólico, o existencial e o absurdo. A súa escritura móvese por escenarios de desolación e procura de sentido, a miúdo ao bordo do colapso social ou individual.




17/2/25

Entrevista a unha investigadora

 

No taboleiro de novas locais amosamos a publicación dunha entrevista a unha exalumna do noso centro, Uxía Otero, agora doutora en historia e investigadora, quen vai impartir unha charla no auditorio do concello para informar acerca do Plan de Memoria Histórica e as labores de investigación en relación ás fosas franquistas. Os nosos parabéns a ela pola súa traxectoria académica.

O artigo completo aquí 



18/11/24

A importancia de visitar museos

Hoxe damos a coñecer un artigo do periódico acerca da importancia de visitar os museos e os beneficios que iso reporta ao noso cerebro. Aproveitamos esta ocasión para amosar algúns libros relacionados coa arte e artistas e así fomentar e desenvolver no alumnado o interese e gusto por este campo.

Le o artigo completo aquí. La Voz de Galicia



 

14/11/24

Premio Cervantes 2024: Álvaro Pombo

Os membros do xurado do Premio Cervantes outorgaron o galardón deste ano 2024 ao escritor español Álvaro Pombo. Seleccionamos uns artigos de dous periódicos para dar a coñecer esta noticia e expoñémolos no taboleiro de Novas.

Para ler os artigos completos, pincha nos enlaces.

EL PAÍS 

La Voz de Galicia


 

15/10/24

Premio Nobel de literatura 2024: Han Kang

O galardón do Nobel de literatura de 2024 recaeu na surcoreana Han Kang. Recollemos a noticia publicada en dous xornais, artigos nos que se destaca a publicación dunha novela súa de 2015 xa traducida ao galego: A vexetariana. Acompañamos os artigos dun exemplar desta novela.

Indaga máis acerca desta literata clicando nos seguintes enlaces.

nos diario 

La Voz de Galicia
 



 

23/9/24

Premio nacional de poesía á ourensá Chus Pato

 

Seleccionamos dous artigos de dous periódicos: La Voz de Galicia e El País que nos informan desta noticia. Acompañamos os artigos de dous libros desta autora. 

Ánimate a ler os artigos periodísticos, EL PAÍSLa Voz de Galicia





 

20/9/24

Historia de navegantes

Exposición no taboleiro de novas locais dun artigo publicado en La Voz de Galicia (16/09/2024) sobre Historia de navegantes e corsarios na comarca de A Mariña, tema tratado nunha charla polo historiador e docente José Mª Leal Bóveda (antiguo docente neste centro).

Premio Nacional de Cómic

Amosamos unha noticia de carácter cultural. A gañadora do Premio Nacional de Comic, a coruñesa Bea Lema fíxose co galardón pola súa obra El cuerpo de Cristo.

 

3/11/23

Aprendemos sobre a orixe do xadrez

 Montamos un panel cun interesante artigo da revista Historia acerca da orixe deste xogo.



17/3/15

PREMIOS DA EDICIÓN

Os premios da edición, nas diferentes modalidades corresponderon a... 
Premio Xosé María Álvarez Blázquez á mellor autora do ano para 
María Reimóndez
Premio Ánxel Casal ao mellor libro de ficción para A viaxe de Gagarin de Agustín Fernández Paz
Premio Neira Vilas ao mellor libro infantil para 
Escarlatina, a cociñeira defuntade Ledicia Costas
Premio Ánxel Casal ao mellor libro de poesía ou teatro para 
Estrela do Norte, de Luís Rei Núñez
Premio Ánxel Casal ao mellor libro de non ficción para O soño galego de Julio Cortazar, de Francisco X. Fernández Naval
Premio Lois Tobío á tradución para As froliñas de San Francisco de Darío X. Cabana 
Premio Isaac Díaz Pardo ao mellor libro ilustrado para Leviatán de Ramón Trigo
Premio Xosefa Iglesias Vilarelle ao mellor libro educativo para Historia das mulleres galegas. Das marchas nómadas á Marcha Mundial das Mulleres de Pepe Carreiro  

Premio Rosalía de Castro á Iniciativa Editorial para a colección Rescate de Alvarellos Editora
 






28/10/14

IN MEMORIAM

h

ttp://praza.gal/cultura/8112/a-cultura-galega-chora-o-pasamento-de-begona-caamano/

Begoña Caamaño, a xornalista e escritorafoise onte pola tarde, despois dunha longa enfermidade.

Autora de libros como Morgana en Esmelle e Circe ou o pracer do azul, obtivo premios coma o Ánxel Casal da AGE ao mellor libro de ficción, o premio da AELG á mellor obra narratica do 2912, o premio da crítica de narrativa galega, o premio Antón Losada Diéguez do 2013 e premio da Crítica española ao mellor libro de narrativa. 

A súa foi unha obra meteórica que nos devolveu aos mitos que sempre foron de noso: a materia de Irlanda e as viaxes de Ulises (desta vez con Penélope e Circe mirándose sobre a cabeza do loitador). Con ela volvemos a percorrer os camiños de Cunqueiro, volvendo aos tempos que nunca se foron, agora vistos coa mirada de muller, unha mirada lila.

As súas palabras:

“Considero o feminismo como un humanismo global. Poñer as gafas lilas é poñerte na pel de quen padeceu a exclusión, non falar desde a historia narrada polos vitoriosos, senón de quen sufriu a exclusión por ser considerad@ menor e secundari@”, defendía Begoña Caamaño, da súa maneira activista de situarse no mundo. (…)”.