BIBLIOTECA IES MARQUÉS DE SARGADELOS.

Mostrando entradas con la etiqueta CURSO 2020/21. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CURSO 2020/21. Mostrar todas las entradas

4/2/22

OS PREXUÍZOS EN XERAL E OS LINGÜÍSTICOS EN PARTICULAR. ENCONTRO CO ESCRITOR MANUEL NÚÑEZ SINGALA. ORGANIZADO POLO DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜISTICA.

 Contamos na nosa biblioteca coa presenza do escritor Manuel Núñez Singala. Primeiro mantivo un encontro co alumnado de 2ª de Bacharelato para tratar cuestións  relacionadas cos prexuízos en xeral e os  lingüísticos en particular.

A continuación faloulle ao alumnado de 1º de ESO do seu libro "Atranco nun banco" tralo traballo previo na aula deste libro. Curiosidades, preguntas, sinatura de exemplares. Velaquí unhas imaxes.

https://www.facebook.com/photo/?fbid=5115680731787158&set=pcb.5115683601786871















23/6/21

FIN DE CURSO.

 Mañá, os boletíns de notas irán acompañados dunha guía de lectura para o verán. Non é necesario lembrar as bondades da lectura a estas alturas.

Se les no verán recollerás os froitos o próximo curso. Ler, equilibra.
Unhas fotos do noso último "escaparate lector". Clica na imaxe.



13/5/21

LETRAS GALEGAS 2021. XELA ARIAS.

 Entre as nubes,

seguen a nacer 

os versos que ti sementaches.

A túa palabra será eterna,

onde queira que esta.

Ficamos orfos,

dos poemas non escritos.




LETRAS GALEGAS 2021. XELA ARIAS.

   Só me queda lerche pasaxes

       nas tardes en que as nubes,

   encapotan ese falso ceo. 

               






LETRAS GALEGAS 2021. XELA ARIAS.






LETRAS GALEGAS 2021. XELA ARIAS

 Xela sabe onde dorme o sol

e pode espertalo cos seus fermosos ollos.

Pode seducilo,

abrazarse con el cando se deita.






4/5/21

A BIBLIOTECA CO PLAN PROXECTA. ELÍAS GONZÁLEZ PRIETO. O ÚLTIMO ALFAREIRO DE GUNDIVÓS VISITOU O CENTRO E DEIXOUNOS ESTE AGASALLO PARA A NOSA BIBLIOTECA.

 



Hoxe estivo con nós o último alfareiro de Gundivós: Elías González Prieto. Enmarcado no Plan Proxecta “Os vellos oficios” que iniciamos en febreiro co oficio dos zoqueiros cando nos visitou
Alberto Geada.


Quedámonos coa súa invitación a unha visita guiada que nos pode preparar se nos poñemos en contacto neste sitio.


www.rectoraldegundivos.es



Gundivós (Sober, Lugo), «terra de cacharreiros», en plena Ribeira Sacra.. Centro importante de industria alfareira, pasou por un importante declive nos anos 60 chegando case á desaparición. De momento, esta tradición mantense viva grazas ao traballo dos poucos alfareiros que aínda dominan este vello ofcio e intentan promocionar este tipo de alfareiría: Elías González Prieto, quen nos visitou hoxe é un claro exemplo.


As súas pezas son feitas con torno baixo movido pola man, con barro local e cocidas en forno de leña. As formas tradicionais son sobrias, reforzadas con vincos e con distinguida decoración incisa. O interior vai recuberto con resina de piñeiro; posteriormente quéntase a peza para fundila, o que fai que estas pezas collan a negra cor característica.


Trátase de pezas destinadas a gardar o viño, o vinagre, meleiras, queixeiras, etc.



SESIÓNS INFORMATIVAS AFECTIVO SEXUAIS. Hoxe rematamos o ciclo de sesións formativas afectivo sexuais que se viñeron desenvolvendo durante as últimas semanas. O noso agradecemento a Raquel Graña, encargada de impartilas e á ANPA do IES Marqués de Sargadelos pola organización das mesmas.









Charlas temáticas organizadas pola Universidade de Santiago. Hoxe contamos coa presenza do Catedrático de Dereito Constitucional e Director do Centro de Estudos sobre o Sahara Occidental Carlos Ruiz Miguel. Actividade organizada polo departamento de Xeografía e Historia coa finalidade de dar a coñecer a situación socio política do Sahara e a súa relación co proceso de colonización de África e o estado actual deste territorio.