O alumnado de 2° de Bacharelato recibiu unha charla informativa sobre as probas ABAU e o acceso á universidade.
Agradecementos ao persoal da USC por este traballo que realizan cada ano.
O alumnado de 2° de Bacharelato recibiu unha charla informativa sobre as probas ABAU e o acceso á universidade.
Agradecementos ao persoal da USC por este traballo que realizan cada ano.
Onte celebrouse a entrega de premios do Concurso de Tarxetas de Nadal 2023. Os gañadores/as son os seguintes:
Accésit: Nerea Suárez Piñeiroa 4º de ESO
Accésit: Alexia Salgado Vázquez 4º de ESO
Accésit: Clara Manuela Paz Méndez 3º ESO
3º Premio: Víctor Manuel García Rodríguez 1º ESO B
2º Premio: Antía Fernández Martínez 3º ESO
1º Premio: Aldara Vázquez Molinero
O equipo da biblioteca do centro elaborou esta decoración para felicitarvos a entrada do novo ano.
Feliz 2024!
Ademais diso, fixo unha selección de obras clasificadas como "peculiares" para que lles botedes un ollo!O alumnado de 4° de ESO e 1° de BAC recibiu a visita de Carlos Baliñas Pérez, profesor da Facultade de Humanidades de Lugo.
O alumnado de FPBásica e 3° de ESO recibiu unha charla sobre lesións medulares impartida pola asociación COGAMI.
Algúns alumnos e alumnas de 3º ESO de Lingua e literatura española expoñen os seus traballos sobre a lectura do libro La nieta del señor Linh. Recollemos algunhas imaxes.
O alumnado de 1° e 2° de ESO recibiu a visita da Garda Civil dentro da iniciativa do "Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e os seu entorno", para falarlles sobre ciberseguridade e prevención de delitos sexuais relacionados coas redes sociais.
Onte o alumnado de 3° e 4° da ESO participou nunha charla do Programa educativo "Que non te líen, ti elixes". Este programa ten como obxectivo favorecer a orientación vocacional libre de estereotipos na elección de itinerarios formativos enfocados nos ciclos de formación profesional con menor presenza de mulleres.