O mércores 3 de decembro, o alumnado de 3º ESO tivo unha charla sobre orientación vocacional.
3/12/25
Charla TI ELIXES
26/11/24
Programa "Que non te líen, ti elixes"
Un estereotipo de xénero é unha visión xeneralizada ou unha idea preconcibida sobre os atributos ou as características, ou os papeis que posúen ou deberían posuír ou desempeñar as mulleres ou os homes.
Ante a necesidade de abordar unha educación sen estereotipos de xénero, a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia crearon o programa formativo "Que non te líen, ti elixes" para o alumnado de 4° e 3° de ESO.
Este programa ten como obxectivo principal favorecer a orientación vocacional libre de estereotipos na elección de itinerarios formativos enfocados nos ciclos de FP con menor presenza de mulleres.
22/11/23
Que non te líen. Ti elixes
Onte o alumnado de 3° e 4° da ESO participou nunha charla do Programa educativo "Que non te líen, ti elixes". Este programa ten como obxectivo favorecer a orientación vocacional libre de estereotipos na elección de itinerarios formativos enfocados nos ciclos de formación profesional con menor presenza de mulleres.
























