O alumnado de 2º de ESO realizou estes traballos sobre o libro de lectura El extraño caso de Dr. Jekyll y Mr, Hyde que están expostos na biblioteca do centro.
Deixámosvos por aquí algunhas fotos!
O alumnado de 2º de ESO realizou estes traballos sobre o libro de lectura El extraño caso de Dr. Jekyll y Mr, Hyde que están expostos na biblioteca do centro.
Deixámosvos por aquí algunhas fotos!
Baixo o nome "Viaxe a través da historia da Terra: coñecer o pasado para entender o presente" o conferenciante explicou os mecanismos necesarios para estudar o cambio climático e realizou un repaso da historia da Terra dun xeito moi dinámico.
O pasado martes tivemos a sorte de contar no centro coa Decana da Facultade de Comunicación da Universidade de Vigo (Campus de Pontevedra). Emma Tore-Romany impartiu unha charla sobre " O Sexismo na Comunicación publicitaria e audiovisual".
A través de diversos anuncios publicitarios fíxose un pequeno resumo do papel da muller ao longo da historia do audiovisual. De exemplos máis explícitos chegamos a un momento onde é case imperceptible pasa o/a espectador/a percibir o sexismo baseado principalmente en roles de xénero e estereotipos que tamén afecta á imaxe masculina.
O pasado venres o profesorado de Hostelería do IES de Foz achegouse ao noso centro para informar o alumnado de 4º da ESO da oferta educativa que se imparte no seu centro.
- Servizos Administrativos.
- Cociña e Restauración
- Cociña e Gastronomía.
- Servizos de Restauración.
O pasado venres achegouse ata o noso centro profesorado do IES Perdouro de Ciclos Formativos para impartir unha charla ao alumnado de 4º de ESO.
Recibiron información sobre os diferentes ciclos que oferta ese centro:
- Ciclo Básico de Fabricación e Montaxe.
- Ciclo Básico de Servizos Administrativos.
-Instalación de Telecomunicacións.
- Mecanizado.
-Peiteado e Cosmética Capilar.
- Xestión Administrativa.
Este
luns 15 de maio o alumnado de 2º de ESO recibiu unha charla por parte
do persoal de Amtega sobre a Pegada dixital. Esta actividade ten como
obxectivo capacitar o alumando no uso seguro, responsable e proveitoso
das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC).
Trataron
temas como a seguridade na xestión dos seus perfís nas redes sociais,
explicóuselles o que é a identidade dixital e a importancia da pegada
dixital, afondouse na configuración das opcións de seguridade e
privacidade das redes e ofrecéronselles as ferramentas e recursos aos
que poden acudir cando teñan algunha dúbida sobre o uso da tecnoloxía.