O alumnado de Lingua e Literatura española de 3º ESO elaborou uns diarios de lectura a partir do libro de Carmen Martín Gaite, Caperucita en Manhattan. Con esta actividade, de carácter máis creativo ou artístico, preténdese que os/as estudantes se sintan motivados e implicados na comprensión e deleite desta novela. Amosamos estes diarios para que todos os visitantes poidan coñecelos e así ver outras posibilidades de somerxirnos nunha lectura.
2/6/25
26/5/25
Caligramas do alumnado de Lingua e literatura española de 4º ESO
Coa primavera afloran as emocións e, ás veces, fanse máis intensas e, polo tanto, visibles. Algúns alumnos e alumnas de 4º ESO compuxeron uns poéticos caligramas que amosamos no taboleiro.
21/1/25
"Todo o tempo do mundo", exposición de traballos do alumnado de 2º ESO
Exposición de traballos, agora do alumnado de 2º ESO de
Lingua e Literatura galega. A lectura escollida foi Todo o tempo
do mundo, de David Pérez Iglesias. Gústanos compartir cos usuarios da biblioteca as tarefas desenvolvidas relacionadas coa lectura en algún grupos e así incentivar o gusto pola lectura e bo traballo.
14/1/25
Exposición de traballos de literatura galega do alumnado de 1º ESO
Exposición de traballos do alumnado de 1º ESO de Lingua e Literatura galega. A lectura escollida foi Déixao medrar, de Silvestre Gómez Xurxo.
Cando se trata de fomentar o gusto e interese pola lectura, pedirlles aos estudantes que elaboren traballos sobre os mesmos, incluíndo tamén as súas opinións e engadindo algunha ilustración, contribúe a que leven a cabo esta tarefa con maior agrado.
12/4/24
Exposición de traballos do alumnado
Nos grupos de 1º e 2º ESO de Lingua e Literatura Galega tratáronse as seguintes lecturas: Perigo vexetal, Leonel e Chamádeme Simbad. Posteriormente os estudantes tiveron que realizar uns proxectos en relación con estas lecturas. Velaiquí os resultados.
4/12/23
Exposición de traballos do alumnado
Algúns alumnos e alumnas de 3º ESO de Lingua e literatura española expoñen os seus traballos sobre a lectura do libro La nieta del señor Linh. Recollemos algunhas imaxes.














