BIBLIOTECA IES MARQUÉS DE SARGADELOS.

30/1/24

Preparámonos para recibir á escritora Andrea Maceiras


 Alumnado de diferentes cursos de Lingua e literatura galega amosa os seus traballos sobre dous libros da autora Andrea Maceiras: Europa Express e Conta nove estrelas. Nuns días estará acompañándonos na nosa biblioteca.





 

25/1/24

Charla "A economía azul para o futuro das zonas costeiras"

Dentro do Programa A Ponte entre o Ensino Medio  a USC o Departamento de Economía organizou unha charla titulada: A economía azul para o futuro das zonas costeiras impartida por María de los Ángeles Piñeiro Antelo e María José Piñeira Mantiñán.

Estas profesoras da Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela viñeron falarlle ao alumnado das materias de Economía e emprendemento (4º de ESO), de Economía de 1º de BAC e de Empresa e Deseño de Modelos de Negocio de (2º de BAC) sobre os sectores económicos tradicionais dentro da economía azul (pesca artesanal, marisqueo ou acuicultura) porque xeran un gran volume de negocio e de emprego en Europa. A importancia destas actividades en Galicia fai que a nosa rexión teña un gran peso específico no contexto europeo, tamén en actividades consideradas complementarias ou compatibles coa economía azul, como a biotecnoloxía, a construción naval ou o transporte marítimo.








 

22/1/24

Charla sobre servizos financeiros da Escola Galega de Consumo

O alumnado de 1° de BAC e 4° de ESO recibiu a visita dun técnico da Escola Galega de Consumo para impartir unha charla sobre servizos finaceiros.


A Escola Galega do Consumo foi creada como un instrumento para coordinar as actividades de educación e formación no eido do consumo, coa finalidade de impulsar e desenvolver a educación e a formación das persoas consumidoras galegas.

O obxectivo xeral da Escola Galega do Consumo céntrase en dar resposta ás demandas formativas e educativas dos distintos sectores da poboación galega e, especificamente, ás detectadas nas estatísticas das consultas e nas reclamacións recibidas das distintas oficinas de consumo.







17/1/24

Charla Forzas Armadas

O alumnado de 1° de BAC e FPBásica recibiu unha charla formativa sobre as Forzas Armadas.

Foron informados/as da estrutura xeral e das diferentes posibilidades de acceso á carreira militar nas tres escalas: Oficiais, Suboficias e Tropa e Marinería, así como dos requisitos: estudos, nota de corte, tipo de probas (test psicotécnico, proba física...)

Ademais estiveron conversando sobre a duración dos estudos a equiparación das carreiras, os destinos posibles e o soldo de cada un.







16/1/24

Exposición de traballos

 O alumnado de 2º ESO-B de Lingua e Literatura española presentou uns creativos traballos sobre a lectura do pasado trimestre: Los espejos venecianos de Joan M. Gisbert. Amosámolos no expositor da entrada para que todos poidamos desfrutar deles e interesarnos polo libro e o seu autor.





 

15/1/24

Novo cartel de Bibliotecas Escolares

 Xa temos colgado o novo cartel de Bibliotecas Escolares para o curso 2023/2024. Éste é o cuarto que temos exposto de modo permanente colgado do teito da sala.




10/1/24

Charla Escola de Relacións Laborais Lugo

O alumnado de 2° de BAC recibiu unha charlabimpartida pola directora da Escola de Relacións Laborais de Lugo (Mercedes Montes Rodríguez).

O alumnado foi informadonda distribución de materias e créditosnen cada curso e das saídas profesionais que actualmente ten esta carreira.






9/1/24

Científicos ou pitonisos? Como a economía axuda a predicir o futuro

Dentro das charlas que oferta o Programa A Ponte da USC, tivemos a sorte de contar co profesor da Facultade de Administración e Dirección de Empresas de Lugo Roberto Bande, que veu falarlle ao alumnado de 4° de ESO e 1° de BAC de como realizan os exonomistas as súas predicións respecto do futuro.

A charla denominada "Científicos ou pitonisos? Como a economía axuda a predicir o futuro" está centrada en constatar a importancia de contar cun modelo que represente a realidade, así como de posuír datos de calidade que axuden ao emprego dese modelo.








Propósitos para o 2024

Recibimos o novo ano con moita enerxía e animámosvos a todos e a todas a LER. Ese camiño abriranos as portas a  Loitar, a Lograr, a Elixir, a Esquecer, a Reflexionar, a Resistir ... 


 



8/1/24

Charla Prevención violencia de xénero

O alumnado de 1° de ESO recibiu unha charla sobre Prevención da violencia de xénero impartida polo CIM de Burela. Durante a charla realizouse unha aproximación aos conceptos básicos sobre violencia de xénero, as súas características e os seus efectos.