BIBLIOTECA IES MARQUÉS DE SARGADELOS.

Mostrando entradas con la etiqueta FOMENTO DA LECTURA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta FOMENTO DA LECTURA. Mostrar todas las entradas

4/2/22

OS PREXUÍZOS EN XERAL E OS LINGÜÍSTICOS EN PARTICULAR. ENCONTRO CO ESCRITOR MANUEL NÚÑEZ SINGALA. ORGANIZADO POLO DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜISTICA.

 Contamos na nosa biblioteca coa presenza do escritor Manuel Núñez Singala. Primeiro mantivo un encontro co alumnado de 2ª de Bacharelato para tratar cuestións  relacionadas cos prexuízos en xeral e os  lingüísticos en particular.

A continuación faloulle ao alumnado de 1º de ESO do seu libro "Atranco nun banco" tralo traballo previo na aula deste libro. Curiosidades, preguntas, sinatura de exemplares. Velaquí unhas imaxes.

https://www.facebook.com/photo/?fbid=5115680731787158&set=pcb.5115683601786871















28/5/21

PASAPORTES LECTORES.

 Os alumnos e alumnas de Lingua galega de 1º de ESO, tras ler os libros recomendados na materia, elaboraron os correspondentes pasaportes lectores nos que  expresan as suxestións, sensacións e opinións provocadas polas lecturas, polos libros, polos escritores e escritoras. Relatos, debuxos, opinións, impresións, pasaxes,  vidas reais e fantasías. Todo recollido nestes pasaportes lectores que se expoñen estes días na biblioteca para compartir cos lectores e visitantes da mesma.






5/12/16

III SEMANA ESCOLAR DA PROVINCIA DE LUGO E DA SÚA DEPUTACIÓN.

 III Semana Escolar da Provincia e a súa Deputación. Colaboramos nesta proposta da Dep. Provincial de Lugo, unha iniciativa posta en marcha no ano 2013 coincidindo co aniversario da creación das provincias modernas e da Deputación de Lugo o 30 novembro de 1833 . Divulgamos o patrimonio natural da provincia de Lugo. Traballamos nas aulas os contidos deste libro, difundímolo entre toda a comunidade educativa repartindo exemplares e catalogámolo na biblioteca do centro quedando a disposición dos usuarios.