BIBLIOTECA IES MARQUÉS DE SARGADELOS.

Mostrando entradas con la etiqueta COMPENSAR AS DESIGUALDADES. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta COMPENSAR AS DESIGUALDADES. Mostrar todas las entradas

3/12/25

Charla TI ELIXES

 O mércores 3 de decembro, o alumnado de 3º ESO tivo unha charla sobre orientación vocacional.

O programa"Que non te líen, ti elixes" é unha iniciativa conxunta da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración a través da cal se busca fomentar, desde as aulas, unha orientación profesional libre de estereotipos de xénero así como a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres e o fomento da coeducación.
A finalidade deste programa é seguir avanzando na presenza de mulleres en sectores tradicionalmente masculinizados como o forestal, a construción, o marítimo-pesqueiro, o do metal ou as TIC. Como novidade nesta edición, introducíronse nesta iniciativa contidos relacionados coa presenza de homes en profesións consideradas tradicionalmente feminizadas, co obxectivo de romper cos prexuízos ou estereotipos de xénero nas diferentes profesións.
Grazas a  Iris e Arantxa, dúas mulleres traballadoras do sector do mar, por dar exemplo e facer pensar á xuventude dos estereotipos de xénero nas profesións.




27/4/17

DÍA INTERNACIONAL DAS RAPAZAS NAS TIC. VIDEOCONFERENCIA NA BIBLIOTECA.

Conmemoramos na biblioteca o “Día das rapazas nas TIC” “Girls in ICT Day 2017”. Iniciativa do CESGA, USC, WOMEN EMPRENDE,fic, XUNTA DE GALICIA.  Trátase de promover e apoiar ás rapazas para que consideren carreiras no eido das tecnoloxías da información e a comunicación. É un acto que pretende dar visibilidade ao colectivo de mulleres emprendendoras no eido das TIC, así como ofrecer un espazo de intercambio e comunicación entre elas e as rapazas e rapaces dos institutos de secundaria de Galicia.  O noso alumnado de 3º e 4º de ESO asistiu na biblioteca a unha multiconfernecia sobre este tema o día 27 de abril protagonizada por 4 mulleres que destacan en Galicia nestes campos: Alba Alonso, nieves Brisaboa, Carmen Cotelo Queijo e María Jesús Taboada.