BIBLIOTECA IES MARQUÉS DE SARGADELOS.

27/5/22

ALGUNHAS NOVIDADES LECTORAS DO MES DE MAIO.

 







A TOPONIMIA DOS CONCELLOS DE CERVO E XOVE. ORGANIZA: EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSITCA.

 Coñecer e valorar a riqueza toponímica do entorno e o significado e procedencia da mesma foi o tema da charla impartida hoxe no noso centro por Vicente Feijoo Ares; coordinador da Unidade Técnica de Toponimia e Seminario de Onomástica da Real Academia Galega ; xestor e revisor da plataforma "Galicia Nomeada"



















9/5/22

DÍA DE EUROPA. DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA/BIBLIOTECA.

 Cada 9 de maio, celebramos o Día de Europa. Esta data marca o aniversario da histórica  “Declaración Schuman”, na que este expuxo a súa idea dunha nova forma de cooperación política que fixese inconcebible a guerra entre nacións europeas; idea que desgraciadamente aínda está lonxe de ser unha realidade, como cada día nos demostran os tristes e dramáticos feitos que presenciamos.

O noso alumnado de bacharelato, na materia de Economía veu realizando un interesante traballo sobre o proceso de configuración da Unión Europea e as súas institucións.

 É o desexo de todos que a idea de Schuman de ver unha Europa sen enfrontamentos nin guerras se faga canto antes unha realidade.

Paz en Europa.