* A Editorial Fosfatina súmase co seu primeiro lanzamento
ao panorama da banda deseñada galega. Griza Zono é o
título do traballo do vigués Andrés Magán, que debuta cunha publicación
experimental de 48 páxinas en branco e negro.
* O Premio Ourense de Banda Deseñada, que recoñece cada
ano o traballo dunha persoa ou entidade a prol da novena arte no noso país, foi
para o crítico e dinamizador Henrique Torreiro. Valórase a súa longa
traxectoria de máis de vinte anos desde o colectivo Phanzynex e a organización
das propias Xornadas de Ourense ata o seu labor como divulgador, dentro do cal
desdenvolve a súa columna de opinión en Culturagalega.org.
*O Valedor do Pobo e a Consellería de Traballo e Benestar
lanzaron a primeira edición do cómic Os perigos de internet, unha historieta
que pretende achegar as ameazas reais que se poden atopar os menores de idade
no uso das tecnoloxías.
*Un novo traballo de Tokio, en Demo Editorial. A
causa do crime, unha historia de 50 páxinas a branco e negro que reúne
sindicalismo, a corrupción, represión policial ou terrorismo na Galicia dos
anos 80. A historia, publicada por entregas en 1987 no xornal A Peneira ve
a luz agora cun argumento ampliado e nova realización gráfica. Está previsto
que o volume saia á venda a comezos de agosto.