Dentro da conmemoración do 8M, o venres 13 de marzo celebramos no noso IES unha charla da Fundación ALCOA, dirixida ao alumnado de 1º e 2º de Bacharelato e 1º curso do Ciclo Superior de Química Industrial.
13/3/26
Charla MULLERES EN ALCOA
7/3/25
Día internacional da muller
Con motivo do día internacional da muller, 8 de marzo, o alumnado de Educación plástica de 4º ESO elaborou un cartel conmemorativo desta data e recolleu nun conxunto de caligramas unhas mensaxes relacionadas con esta temática.
Expoñemos todo no taboleiro da entrada acompañado dunha selección de libros que tratan sobre feminismo ou sobre mulleres destacadas en distintos eidos.
8/3/24
8 de marzo, día internacional da muller
Amosamos traballos de alumnado de Educación Plástica con motivo do día da muller: o cartel conmemorativo do 8 de marzo elaborado por un grupo de alumnas de 4º ESO e unha serie de caligramas realizados no grupo de 3º ESO con diversos lemas alusivos a esta temática.
8/3/23
Proxección do filme "Sufraxistas"
Outra das actividades que se realizaron en conmemoración do Día da Muller foi a proxección do filme Sufraxistas para 1º e 2º da ESO na biblioteca do centro.
Estreada en 2015 conta a historia dos primeiros movementos feministas que se deron na Inglaterra de principios do século XX, poucos anos antes do comezo da Primeira Guerra Mundial. Moitas mulleres inglesas defenderon nesta época o seu dereito ao voto, e agrupáronse nun movemento coñecido como "As sufraxistas". Loitaron contra un goberno que lles negaba dereitos políticos, laborais e legais, así como o acceso á educación, entre outros moitos.
6/3/23
Charla "Olladas de muller" a cargo da fotógrafa Cristina Andina
Dentro das actividades do Día da Muller, este luns 6 de marzo tivemos a sorte de contar no centro con Cristina Andina. O alumnado de 4º de ESO e 1º BAC tivo un encontro con esta afamada fotógrafa. Durante a charla fíxose un repaso das mulleres fotógrafas máis recoñecidas do momento e do propio traballo desta afamada profesional.
2/3/23
A muller e o fútbol sala. Día da Muller
10/6/22
8/6/22
MULLERES HISTÓRICAS. PLANS PROXECTA: DONAS DE SI e 365 DÍAS EN IGUALDADE.
O alumnado de 4ª de ESO, na materia de Historia veu realizando traballos sobre mulleres históricas. Actividades enmarcadas dentro dos Plans Proxecta "Donas de si"e "365 días en igualdade". Velaquí algúns dos resultados.












































.jpg)