BIBLIOTECA IES MARQUÉS DE SARGADELOS.

24/3/21

LECTURAS RECOMENDABLES. Francisco Castro: "Chamádeme Simbad".

 Unha interesante lectura e traballo posterior realizado polo alumnado de 1º de ESO na materia de Lingua galega.

A lectura atenta e activa levounos á reflexión sobre un dos problemas da nosa  sociedade: as consecuencias  da perda do control da nosa mente, de nós mesmos, a desmemoria; a enfermidade do Alzheimer.

Neste libro, Francisco Castro, de maneira informal, irónica; mesmo divertida conduce á xuventude a reflexionar sobre este problema que afecta a tanta xente maior e ás veces non tanto.

 A lectura na aula, a reflexión sobre o contido e o traballo creativo final do alumnado exponse na biblioteca. ”Chamádeme Simbad”. Francisco Castro. Unha lectura máis que recomendable para calquera idade que nos convida a ser empáticos con esta realidade.

https://www.facebook.com/photo?fbid=4088638094491432&set=pcb.4088639391157969







9/3/21

DÍA DA MULLER 2021. VISITA DE LAURA ROMERO. A MULLLER NA MÚSICA GALEGA.



Hoxe visitounos Laura Romero. Falounos das mulleres na música galega: Uxía, Pilocha, Maaría Manuela, Ana Kiro, Guadi Galego, Susana Seivane, Cristina Pato, Batuko Tabanka e moitas máis.
Ela ilustra e Iria Pedreira relata, neste fermoso libro ilustrado de Bahía Edicións.
Tamén nos falou das técnicas da ilustración e da súa faceta como baixista do grupo Zënzar.
Aconsellounos o seguinte:. "Pongámonos a dibujar y el mundo irá mejor" de Jorge Arranz.


E unha lembranza especial estando na Mariña para Batuko Tabanka ccn este vídeo "Brinca kumí"