BIBLIOTECA IES MARQUÉS DE SARGADELOS.

Mostrando entradas con la etiqueta ExposiciónTraballos de Departamentos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ExposiciónTraballos de Departamentos. Mostrar todas las entradas

20/6/24

"Para que serven as mates?". Exposición de traballos

 Durante a última semana do presente curso, o grupo de estudiantes de 3º ESO realizou un pequeno traballo de investigación acerca de homes e mulleres matemáticas que resultaron fundamentais para o desenvolvemento de varios proxectos como por exemplo a creación dun algoritmo informático ou a invención dunha Máquina analítica,  entre outros. De aí, o título que escolleron para a súa exposición: "Para que serven as mates?"




30/1/24

Preparámonos para recibir á escritora Andrea Maceiras


 Alumnado de diferentes cursos de Lingua e literatura galega amosa os seus traballos sobre dous libros da autora Andrea Maceiras: Europa Express e Conta nove estrelas. Nuns días estará acompañándonos na nosa biblioteca.





 

16/1/24

Exposición de traballos

 O alumnado de 2º ESO-B de Lingua e Literatura española presentou uns creativos traballos sobre a lectura do pasado trimestre: Los espejos venecianos de Joan M. Gisbert. Amosámolos no expositor da entrada para que todos poidamos desfrutar deles e interesarnos polo libro e o seu autor.