BIBLIOTECA IES MARQUÉS DE SARGADELOS.

Mostrando entradas con la etiqueta ENTROIDO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ENTROIDO. Mostrar todas las entradas

19/2/25

Concurso-Cuestionario sobre o entroido

Elaboramos un cuestionario acerca do entroido. O alumnado necesitará cubrilo consultando o material que aparece exposto nunha mesa, as preguntas están relacionadas cos personaxes populares do entroido en Galicia, coas sobremesas típicas ou con información xeral acerca desta temática.

O prazo remata o 25 de febreiro.

Unha vez cuberto teredes que depositalo nunha caixa/ buzón e así poderedes optar a algún premio.

Animádevos a participar! 






 

15/2/24

Entrega de agasallos aos participantes da actividade de entroido na biblioteca

Hoxe sesión de fotos co alumnado que presentou o seu disfraz dun libro e entrega dun pequeno recoñecemento a ese esforzo e interese por ser parte activa desta biblioteca.




6/2/24

É tempo de Entroido!

A proposta da biblioteca este ano ao alumnado de 1º e 2º ESO foi a de disfrazar libros. Amosamos os disfraces presentados no expositor.









6/2/13

15/2/12

ENTROIDO 2012.

O ALUMNADO DE 1º DE ESO VEU TRABALLANDO NA ELABORACIÓN DE FOTOGRAMAS DE PELÍCULAS COÑECIDAS. A FINALIDADE DESTE TRABALLO É ANIMAR AO ALUMNADO DO CENTRO A QUE SE VISTA AGORA NO ENTROIDO COMA OS PROTAGONISTAS DE PELÍCULAS CLÁSICAS. ANÍMATE E PARTICIPA.