BIBLIOTECA IES MARQUÉS DE SARGADELOS.

30/3/23

Entrega de premios I Torneo de Xadrez

Hoxe entregáronse os premios aos gañadores do I Torneo de Xadrez IES Marqués de Sargadelos. Todos os/as participantes recibiron un vale para gastar na cafetería do centro. Os gañadores recibiron un vale de 30€ para gastar en material de papelería/librería.

Deixámosvos fotos dos premiados!

4º clasificado:Cristian Gómez Nita

3º clasificado:Iago Martínez Leiras

2º clasificado: David Orosa Bermúdez

1º clasificado: Enzo Juárez Expósito



Charla Escola de Relacións Laborais de Lugo

Hoxe o alumnado de 2º de BAC e o alumnado de Ciencias Socias de 1º de BAC recibiu unha charla impartida pola directora da Escola de Relacións Laborais de Lugo (Mercedes Montes Rodríguez).

Foron informados/as da distribución de materias e créditos en cada curso e das saídas profesionais que actualmente ten esta carreira.












29/3/23

I Torneo de Xadrez. 2ª semana

Continuamos coas partidas do Torneo de Xadrez durante toda esta semana. Recordade que os premio serán entregados o xoves 30 durante o 2º recreo na Biblioteca. Moita sorte a todos/as participantes. Estamos a piques de coñecer gañadores/as!











27/3/23

Lectura de Haikus para conmemorar o Día da Poesía 2023

O pasado venres o alumnado da materia de Lingua castelá e literatura realizou a lectura de Haikus inspirados nas fotografías da exposición de Cris Andina.

Deixamos por aquí un vídeo!



24/3/23

I Torneo de Xadrez. 1ª semana

Esta semana comezou o I Torneo de Xadrez do IES Marqués de Sargadelos. Estase a celebrar durante os recreos. Achegádevos á Biblioteca para estar ao tanto das partidas e vencedores/as. Deixámosvos por aquí algunhas fotos desta primeira semana.

















23/3/23

Lectura de Haikus

Para celebrar a Semana da Poesía o Depatrtamento de Lingua castelá e literatura preparou a lectura de Haikus inspirados nas fotos da exposición que temos temporalmente no centro.

Deixámosvos por aquí o cartel para que lle botedes unha ollada.

Mañá venres realizarase a lectura dos haikus na biblioteca durante o 1º recreo.



10/3/23

I Torneo de Xadrez IES Marqués de Sargadelos


 

Xa temos o cartel do I Torneo de Xadrez do IES Marqués de Sargadelos. Celebrarase entre o 20 e 30 de marzo e as inscricións pecharanse o 19 de marzo.

Animádevos a participar!

9/3/23

Novidades da nosa biblioteca (Marzo)

Velaquí as novidades deste mes de marzo

 

Charla Consumo Responsable

O día 15 de marzo celebramos o Día Mundial dos dereitos das persoas consumidoras.

Persoal so Instituto Galego de Consumo (IGC) desprazouse hoxe ao noso centro para impartir unha charla sobre Consumo responsable.

Durante o encontro, informouse ao alumnado de 1º e 2º ESO dos seus dereitos como persoas consumidoras con exemplos prácticos baseados en experiencias reais.






8/3/23

Proxección do filme "Sufraxistas"

Outra das actividades que se realizaron en conmemoración do Día da Muller foi a proxección do filme Sufraxistas para 1º e 2º da ESO na biblioteca do centro. 

Estreada en 2015 conta a historia dos primeiros movementos feministas que se deron na Inglaterra de principios do século XX, poucos anos  antes do comezo da Primeira Guerra Mundial. Moitas mulleres inglesas defenderon nesta época o seu dereito ao voto, e agrupáronse nun movemento coñecido como "As sufraxistas". Loitaron contra un goberno que lles negaba dereitos políticos, laborais e legais, así como o acceso á educación, entre outros moitos.


 






6/3/23

Charla "Olladas de muller" a cargo da fotógrafa Cristina Andina

Dentro das actividades do Día da Muller, este luns 6 de marzo tivemos a sorte de contar no centro con Cristina Andina. O alumnado de 4º de ESO e 1º BAC tivo un encontro con esta afamada fotógrafa. Durante a charla fíxose un repaso das mulleres fotógrafas máis recoñecidas do momento e do propio traballo desta afamada profesional.













2/3/23

A muller e o fútbol sala. Día da Muller

 

Dentro das actividades que estamos a desenvolver polo Día da Muller, hoxe tivemos a sorte de contar coa visita de tres grandes xogadoras do CD Burela FS. Visitárnnos Cilene Pereira, Irene Samper e Emilly Micaela Marcondes. O alumnado escoitou as experiencias deportivas vistas desde un punto de vista feminino das xogadoras que visitaron o centro. Tratáronse temas como a discriminación, diferenzas entre o deporte masculino e feminino,... e cada xogadora relatou anécdotas de casos concretos que sufriran ao longo da súa carreira deportiva. Así mesmo, tamén se trataron temas deportivos e da vida social para concienciar ao alumnado do alto esforzo que require ser deportista de elite.