BIBLIOTECA IES MARQUÉS DE SARGADELOS.

Mostrando entradas con la etiqueta NOVAS TECNOLOXÍAS.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta NOVAS TECNOLOXÍAS.. Mostrar todas las entradas

28/11/11

FORMACIÓN DOCUMENTAL. A SEGURIDADE NA INTERNET E NAS REDES SOCIAIS.

O pasado 25 de novembro o alumnado de 2º de bacharelato asistiu a unha charla informativa impartida polo orientador Emilio González Legaspi sobre a seguridade e os problemas das redes sociais. É esta unha actividade que trata de abrir un debate e reflexión sobre o uso que debemos facer destes instrumentos de relación humana cada vez máis extendidos na nosa sociedade.Achegamos unha presentación cos contidos básicos desta charla e dous vídeos informativos sobre este tema. 



FORMACIÓN DOCUMENTAL. A SEGURIDADE NA INTERNET E NAS REDES SOCIAIS.



24/10/11

FORMACIÓN DE USUARIOS. INTERNET NON É UN XOGO. OS PERIGOS DE INTERNET

ADOLESCENTES E INTERNET
EN GALICIA

INFORME DO VALEDOR DO POBO.

 Informe Extraordinario do Valedor do Pobo 
*/Adolescentes e Internet en Galicia/*, o estudo máis completo realizado ata o de agora acerca de os hábitos e usos de Internet da nosa mocidade. Como poderán comprobar, este documento reflicte con enorme fidelidade cales son os comportamentos habituais dos máis novos cando se conectan á Rede en canto aos seus horarios, usos das redes sociais ou motivacións para acceder a ela, entre outros aspectos. Ademáis incide e fai análise acerca do papel das familias e dos educadores nesta materia e apunta algunhas pistas para poder detectar casos de posible ciberdependencia entre os rapaces, e que podería afectar a case seis de cada cen mozos de 11 a 18 anos.





Valedor do Pobo