BIBLIOTECA IES MARQUÉS DE SARGADELOS.

16/6/26

Aberto por vacacións

Chega o verán e tamén máis tempo para descubrir novas historias, aprender e deixar voar a túa mente.

O Equipo de Biblioteca anima a todo o alumnado a aproveitar as vacacións de verán para gozar da lectura.

Para iso, poderedes levar libros en préstamo da biblioteca do nos instituto e desfrutar deles durante os meses de descanso. Hai propostas para todos os gustos: novelas, cómics, aventuras, misterio, ciencia ficción, divulgación e moito máis.

Ler  no verán é unha excelente maneira de relaxarse, viaxar sen saír do sitio e vivir mil aventuras a través das páxinas dun libro. Ademais é unha oportunidade perfecta para desconectar un pouco das pantallas e conectar coa imaxinación.

Achégate á biblioteca e escolle a túa próxima lectura antes de comezar as vacacións!





4/6/26

Charla Garda Civil Alcohol e drogas

 O alumnado de 4º da ESO e 1º de bacharelato participou nunha charla da Garda Civil sobre prevención do consumo de drogas e alcohol.

Un encontro para falar claro, resolver dúbidas e reflexionar sobre os riscos, as presións sociais e as consecuencias que poden ter determinadas decisións.

Porque informarse tamén é aprender a coidarse. E ás veces, unha conversa pode facer pensar máis do que imaxinamos.

Actividade enmarcada dentro do Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos.