10/6/22
7/6/22
PASAPORTES LECTORES
Pasaportes lectores elaborados polo alumnado de 1º de ESO trala lectura dos libros de Francisco Castro "Chamádeme Simbad" e de Ledicia Costas "A balada dos unicornios"
27/5/22
A TOPONIMIA DOS CONCELLOS DE CERVO E XOVE. ORGANIZA: EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSITCA.
Coñecer e valorar a riqueza toponímica do entorno e o significado e procedencia da mesma foi o tema da charla impartida hoxe no noso centro por Vicente Feijoo Ares; coordinador da Unidade Técnica de Toponimia e Seminario de Onomástica da Real Academia Galega ; xestor e revisor da plataforma "Galicia Nomeada"
18/5/22
9/5/22
DÍA DE EUROPA. DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA/BIBLIOTECA.
Cada 9 de maio, celebramos o Día de Europa. Esta data marca o aniversario da histórica “Declaración Schuman”, na que este expuxo a súa idea dunha nova forma de cooperación política que fixese inconcebible a guerra entre nacións europeas; idea que desgraciadamente aínda está lonxe de ser unha realidade, como cada día nos demostran os tristes e dramáticos feitos que presenciamos.
O noso alumnado de bacharelato, na materia de
Economía veu realizando un interesante traballo sobre o proceso de configuración
da Unión Europea e as súas institucións.
É o desexo de
todos que a idea de Schuman de ver unha Europa sen enfrontamentos nin guerras
se faga canto antes unha realidade.
Paz en Europa.
26/4/22
DÍA DO LIBRO 2022.
Sacamos os libros dos andeis: estamos aquí -nos dixeron -.
Fomos combinando títulos dispersos, creamos imaxes,
metáforas, ideas suxestivas e variadas, evocadoras nostalxias máis ou menos logradas; encontramos
unha certa unidade no diverso. Tamén levamos este traballo ás aulas. Dos libros
sempre estamos aprendendo.
Lede moito!
5/4/22
CHARLA SOBRE CIBERSEGURIDADE E ADICIÓNS.
Hoxe, contamos coa presenza de Ramón Peña, formador da Garda Civil. Impartiu dúas charlas enmarcadas dentro do do Plan director 2022; unha para o alumnado de 3º ESO e outra para o de 4º de ESO:
Temas: As adicións e a Ciberseguridade.
29/3/22
22/3/22
A BIBLIOTECA CO RALLY MATEMÁTICO.
Coma cada curso, hoxe tocou participar no “Rally matemático 2022”. Con ilusión e agardando resultados para pasar á seguinte fase.
GRAVACIÓN DO PROGRAMA DA TVG "Non o chames amor".
Esta mañá, a produtora NORTIDEAS realizou no noso centro unha serie de gravacións que formarán parte do programa “Non o chames amor”. Retransmitirase na TVG probablemente o próximo inverno. Un programa de entrevistas e opinións sobre como percibe e vive a xente moza a sexualidade.
Unhas imaxes da gravación realizadas no día de hoxe.






















































