BIBLIOTECA IES MARQUÉS DE SARGADELOS.

19/3/12

SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA 2012. O TRATAMENTO DA INFORMACIÓN POR PARTE DOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN. RESUMO DA CHARLA OFRECIDA AO ALUMNADO DE 2º DE BACHARELATO POR PARTE DE EMILIO GONZÁLEZ LEGASPI.


FAI CLIC NESTE ENLACE SE QUERES ACCEDER Á PRESENTACIÓN.

http://ofaro.files.wordpress.com/2012/03/manipulacic3b3n-informativa.ppt

17/3/12



longametraxe galega Engurras baseada no cómic do mesmo nome de Paco Roca está disposta a rachar moldes, e esta arriscada aposta que opta pola animación 2D para ilustrar unha historia ambientada nunha residencia á que vén de chegar o protagonista, un enfermo de Alzheimer, que tece relacións con outros anciáns, intentando manter unha vida de seu. A dureza desta situación está tinguida con toques de comedia e tenrura, para facer soportable esta dramática situación. Pero esta aventura audiovisual non só destaca pola súa proposta artística, senón que tamén é valente no tocante á súa distribución, e a menos de 2 meses da súa estrea cinematográfica chega á plataforma de cine dixital Filmin, de xeito que dende hoxe xa poder verse a través da Internet de xeito legal.

http://www.filmin.es/pelicula/arrugas


SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA. CHARLA SOBRE O TRATAMENTO DA INFORMACIÓN NOS MEDIOS DE COMUNIDACIÓN.







15/3/12

SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA.

Para conmemorar a Semana da Prensa na Escola contamos coa presenza na nosa biblioteca do xornalista de "El Progreso" Pablo Yáñez quen nos  explicou o labor diario que se fai no xornal no que el traballa. Contounos as súas experiencias profesionais, as características dos estudos de xornalismo, as cualidades dun bo xornalista, as distintas seccións dun xornal, medios de financiamento, escolla das noticias, etc. Unha boa oportunidade para aqueles alumnos e alumnas do noso centro que teñen como obxectivo facerse xornalistas no futuro.
Velaquí as imaxes da actividade e o noso agradecemento a Pablo Yáñez.










15 DE MARZO. DÍA DO CONSUMIDOR.

O alumnado de Tecnoloxía de 4º de ESO puido ver o documental sobre  obsolescencia programada titulado "Comprar, tirar, comprar". Unha boa oportunidade para reflexionar sobre os nosos comportamentos como consumidores e as técnicas dos fabricantes para fomentar as vendas dos seus produtos reducindo a duración e a vida dos mesmos. O documental podes velo neste blog na entrada inferior. Velaquí as fotos da actividade organizada pola biblioteca en colaboración co Departamento de Tecnoloxía.