BIBLIOTECA IES MARQUÉS DE SARGADELOS.

Mostrando entradas con la etiqueta Economía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Economía. Mostrar todas las entradas

25/1/24

Charla "A economía azul para o futuro das zonas costeiras"

Dentro do Programa A Ponte entre o Ensino Medio  a USC o Departamento de Economía organizou unha charla titulada: A economía azul para o futuro das zonas costeiras impartida por María de los Ángeles Piñeiro Antelo e María José Piñeira Mantiñán.

Estas profesoras da Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela viñeron falarlle ao alumnado das materias de Economía e emprendemento (4º de ESO), de Economía de 1º de BAC e de Empresa e Deseño de Modelos de Negocio de (2º de BAC) sobre os sectores económicos tradicionais dentro da economía azul (pesca artesanal, marisqueo ou acuicultura) porque xeran un gran volume de negocio e de emprego en Europa. A importancia destas actividades en Galicia fai que a nosa rexión teña un gran peso específico no contexto europeo, tamén en actividades consideradas complementarias ou compatibles coa economía azul, como a biotecnoloxía, a construción naval ou o transporte marítimo.








 

9/1/24

Científicos ou pitonisos? Como a economía axuda a predicir o futuro

Dentro das charlas que oferta o Programa A Ponte da USC, tivemos a sorte de contar co profesor da Facultade de Administración e Dirección de Empresas de Lugo Roberto Bande, que veu falarlle ao alumnado de 4° de ESO e 1° de BAC de como realizan os exonomistas as súas predicións respecto do futuro.

A charla denominada "Científicos ou pitonisos? Como a economía axuda a predicir o futuro" está centrada en constatar a importancia de contar cun modelo que represente a realidade, así como de posuír datos de calidade que axuden ao emprego dese modelo.








10/5/23

Día de Europa

Este 9 de maio celebrouse o Día de Europa e o Departamento de Economía do noso centro realizou os seguintes traballos.


Esta data marca o aniversario da lectura da Declaración Shuman o 9 de maio de 1950. Nela propoñíase a creación dunha Comunidade Europea cuxos membros porían en común a produción de carbón e de aceiro. E na que tamén se exporía a idea dunha nova forma de cooperación política en Europa, que faría inconcebible a guerra entre nacións do mesmo continente.

A CECA (formada na súa orixe por Francia, Alemaña Occidental, Italia, Países Baixos, Bélxica e Luxemburgo) foi a primeira dunha serie de institucións supranacionais que se convertirían no que hoxe é a Union Europea

O alumnado da materia de Economía veu realizando un interesante traballo sobre o proceso de configuración da UE e as súas institucións.

É o desexo de todos e todas que a idea de Schuman de ver unha Europa sen enfrontamentos nin guerras se faga canto antes unha realidade.