BIBLIOTECA IES MARQUÉS DE SARGADELOS.

Mostrando entradas con la etiqueta Charla Educación Sexual. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Charla Educación Sexual. Mostrar todas las entradas

18/5/26

Charla educación afectivo-sexual FAPACEL

A educación afectivo-sexual foi a protagonista das charlas desenvolvidas o luns 18 de maio para o alumnado de 1º e 2º da ESO, nunha actividade organizada pola ANPA do IES Marqués de Sargadelos, e ofertada por FAPACEL.

As sesións foron impartidas pola matrona Sonia, quen abordou cuestións relacionadas coa afectividade, o respecto, a igualdade, a diversidade e as relacións saudables, promovendo a reflexión e o diálogo entre o alumnado. 
Este tipo de iniciativas contribúen ao desenvolvemento persoal e emocional da mocidade e favorecen unha convivencia baseada no respecto e na educación en valores.
A educación afectivo-sexual constitúe unha ferramenta fundamental para fomentar relacións responsables, libres de violencia e construídas desde a empatía e o bo trato.

24/11/25

Charla educación afectivo-sexual

  Hoxe estivo no noso centro María González Cociña, matrona e directora do Centro M (Burela), para impartir dous talleres de educación sexual adaptados á etapa da adolescencia. 

Comezou co alumnado de 1º e 2º ESO, con "Coñecendo o meu corpo". Este taller aborda os cambios físicos e emocionais que experimentan os rapaces e rapazas na pubertade, enfocado para promover a igualdade, a empatía e o respecto cara os compañeiros e compañeiros. Mediante presentación e actividades interactivas explicouse a función reproductiva de ambos e profundizamos no ciclo menstrual. Tamén se achegaron productos de hixiene menstrual para familiarizarse con eles. 

Despois, impartiu o taller "Sexualidade responsable" co alumnado de 2º e 4º da ESO. Nel deu información clara e adaptada sobre relacións sexuais, ITS e anticoncepción, fomentando o autocoñecemento, a relación positiva ca propia sexualidade, a toma de decisións responsables e o respecto interpersoal.

Estes talleres foron moi enriquecedores e contribúen á educación integral do noso alumnado.





14/6/24

Charla Educación afectivo-sexual familias

 Esta semana realizouse unha charla de Educación afectivo-sexual para as familias do noso alumnado. Grazas á colaboración de Sonia Martínez, sexóloga e psicóloga, os pais e nais coñeceron de primeira man para que serve a educación afectivo-sexual, cando comezar a falar cos filos/as destes temas, algunhas claves para comezar e recursos que poden axudar ás familias de forma divertida.