BIBLIOTECA IES MARQUÉS DE SARGADELOS.

Mostrando entradas con la etiqueta A Ponte. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta A Ponte. Mostrar todas las entradas

12/3/24

Programa A Ponte: Saídas Profesionais dos graduados

 Dentro das charlas do Programa A Ponte da USC visitáronnos tamén o pasado mes, María Esther Oliveira Oliveira e María González Blanco profesoras do Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Facultade de Ciencias da Educación de Santiago de Compostela.

Nesta ocasión, o alumnado de 2° de BAC recibiron información sobre as actividades profesionais que os graduados en Pedagoxía, Educación Social e titulados de Mestre poden desenvolver. 













25/1/24

Charla "A economía azul para o futuro das zonas costeiras"

Dentro do Programa A Ponte entre o Ensino Medio  a USC o Departamento de Economía organizou unha charla titulada: A economía azul para o futuro das zonas costeiras impartida por María de los Ángeles Piñeiro Antelo e María José Piñeira Mantiñán.

Estas profesoras da Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela viñeron falarlle ao alumnado das materias de Economía e emprendemento (4º de ESO), de Economía de 1º de BAC e de Empresa e Deseño de Modelos de Negocio de (2º de BAC) sobre os sectores económicos tradicionais dentro da economía azul (pesca artesanal, marisqueo ou acuicultura) porque xeran un gran volume de negocio e de emprego en Europa. A importancia destas actividades en Galicia fai que a nosa rexión teña un gran peso específico no contexto europeo, tamén en actividades consideradas complementarias ou compatibles coa economía azul, como a biotecnoloxía, a construción naval ou o transporte marítimo.








 

9/1/24

Científicos ou pitonisos? Como a economía axuda a predicir o futuro

Dentro das charlas que oferta o Programa A Ponte da USC, tivemos a sorte de contar co profesor da Facultade de Administración e Dirección de Empresas de Lugo Roberto Bande, que veu falarlle ao alumnado de 4° de ESO e 1° de BAC de como realizan os exonomistas as súas predicións respecto do futuro.

A charla denominada "Científicos ou pitonisos? Como a economía axuda a predicir o futuro" está centrada en constatar a importancia de contar cun modelo que represente a realidade, así como de posuír datos de calidade que axuden ao emprego dese modelo.








21/12/23

Charla ABAU e USC

O alumnado de 2° de Bacharelato recibiu unha charla informativa sobre as probas ABAU e o acceso á universidade. 

Agradecementos ao persoal da USC por este traballo que realizan cada ano.








18/12/23

Charla: "Terra, tempo e xente: introdución á paisaxe histórica"

O alumnado de 4° de ESO e 1° de BAC recibiu a visita de Carlos Baliñas Pérez, profesor da Facultade de Humanidades de Lugo.

Esta conferencia encádrase entro do Programa "A Ponte" no que participa o noso centro cada ano.
Esta charla titulada " Terra, tempo e xente: introdución á paisaxe histórica" pretende introducir o alumnado de ensino medio nos métodos e técnicas de interpretación, investigación e posta en valor da paisaxe humanizada, con rederencia especial ao caso de Galicia.