8/11/21
ANIMAMOS AOS USUARIOS DA BIBLIOTECA A PARTICIPAR NO MAGOSTO DO DÍA DE HOXE CON ESTE CARTEL ELABORADO POLO ALUMNADO DE EDUCACIÓN PLÁSTICA. PRESENTAMOS TAMÉN ALGÚNS CONTOS E HISTORIAS ESCRITAS POR ALUMNOS E ALUMNAS DE PRIMEIRO DE ESO RELACIONADAS CON ESTA TEMÁTICA..
5/11/21
2/11/21
29/10/21
SAMAÍN 2021.
Na biblioteca, agochado trala columna vermella, queda nos@ amig@ . Lendo en silencio, gozando do seu libro preferido, terrorííiiiiiificooooo. A próxima semana descubriremos cal é ese libro secreto; de toda a biblioteca o escollido; pola nosa amiga, polo noso amigo. A quen o acerte, premiarémolo.
SAMAÍN 2021.
26/10/21
DÍA DAS BIBLIOTECAS 2021.
Lemos unha especie de manifesto que nos fai pensar sobre a importancia da nosa biblioteca, o seu valor e o que nos aporta día a día.
Coñecémola máis de cerca, as súas seccións, documentos variados, espazos, actividades, expositores, taboleiros de noticias. Aproveitamos para realizar unha sesión de formación de usuarios.
Unha vez realizado este exercicio de reflexión, practicamos hoxe aquí unha actividade que habitualmente realizamos na aula: traballamos a descrición a partir da observación do espazo no que estamos.
Tarefa realizada polo alumnado de 1º de ESO na materia de Lingua galega.
Unhas imaxes.
































