Chega o Samaín á nosa biblioteca
Hai historias que dan arrepíos… e outras que non poderás deixar de ler!
Desde a equipa de Biblioteca preparáronnos unha selección de libros de terror en galego, castelán, inglés e francés para que este Samaín te atrevas a descubrir novas historias.
Anímate a escoller o teu libro e deixa que o medo se apodere das páxinas.
E ti, atréveste a ler ou tes medo ata dos libros?





