BIBLIOTECA IES MARQUÉS DE SARGADELOS.

22/10/26

Benvida ao alumnado de 1º ESO na nosa biblioteca

O equipo da biblioteca do IES Marqués de Sargadelos recibiu o alumnado de 1º da ESO para darlle a coñecer este espazo tan especial do noso instituto.

Durante a visita, explicámoslles como funciona a biblioteca, que normas deben seguir para facer un bo uso dela e que fondos poden atopar nas súas estanterías: novelas, contos, banda deseñada, libros de consulta e moitos outros materiais cos que aprender, descubrir e gozar da lectura.

Ademais, amosámoslles como realizar os préstamos dos libros, para que poidan levar as súas lecturas favoritas á casa e compartilas tamén en familia.

Agardamos que esta primeira toma de contacto esperte a súa curiosidade e os anime a converter a biblioteca nun lugar de encontro, aprendizaxe e aventura a través dos libros.

Benvidos e benvidas á biblioteca!

Porque cada libro é unha porta aberta a un mundo novo. ¡Animádevos a descubrilo!