Lemos unha especie de manifesto que nos fai pensar sobre a importancia da nosa biblioteca, o seu valor e o que nos aporta día a día.
Coñecémola máis de cerca, as súas seccións, documentos variados, espazos, actividades, expositores, taboleiros de noticias. Aproveitamos para realizar unha sesión de formación de usuarios.
Unha vez realizado este exercicio de reflexión, practicamos hoxe aquí unha actividade que habitualmente realizamos na aula: traballamos a descrición a partir da observación do espazo no que estamos.
Tarefa realizada polo alumnado de 1º de ESO na materia de Lingua galega.
Unhas imaxes.