BIBLIOTECA IES MARQUÉS DE SARGADELOS.

14/7/15

LIBROS CENSURADOS.






Kalandraka informa da censura dun dos seus libros:

Orellas de bolboreta”, con texto de Luisa Aguilar e ilustracións de André Neves(publicado pola editora pontevedresa en galego, castelán, catalán, éuskaro, portugués, inglés e italiano) é uno dos 49 títulos que o novo alcalde de Venecia, Luigi Brugnaro, retirou das garderías e das escolas municipais de Educación Infantil por estar incluído no programa “Ler sen estereotipos”, desenvolvido polo anterior goberno local.  

Trátase dunha das obras máis demandadas, recomendadas e eloxiadas do catálogo de Kaladraka, seleccionada polo Plan Nacional de Lectura en Portugal e finalista en Italia do Premio Nacional Cittá di Bella".

Este álbum forma parte dun programa de lectura titulado “Ler sen estereotipos”, que reúne 49 títulos entre os que se atopan destacados clásicos da literatura infantil e xuvenil, como Pequeno Azul e Pequeno Amarelo, de Leo Lionni e Imos cazar un oso, de Michael Rosen e Helen Oxenbury . 



--
Publicado por Asesoría Bibliotecas Escolares para 
Rede Lectura el 7/13/2015 07:42:00 a. m.