Acuario 2, con versos de María Canosaacompañada das
impresionantes imaxes de Dani Padrón. Publicado por Embora. É a continuación daquel Acuario que xa xiraba arredor da temática do mar. Del escribe ramón
Nicolás en Caderno da crítica: (...)
"Cómpre non
esquecer, asemade, ese valor tan precioso que asume con naturalidade como é o
de ofrecer a fixación acaída dos termos clave sobre os que xira cada un dos
poemas. Velaí como a balea, o xurelo, o tiburón, os chocos, o
sanmartiño, o longueirón ou a anguía, entre outros, se deseñan con algúns dos
seus trazos característicos, potenciando a familiaridade do seu coñecemento a
través de certas personificacións, permitindo así convertelos en seres
próximos, cheos de vida e atractivo para calquera lectora ou lector, sospeito
que aínda máis para os que comezan a aventura da lectura".
A flol da celdeira,
un conto chinés, de Xosé Quintas Canella e
ilustrado porÁnxeles Ferrer en
Everest Galicia, na colección Ler é vivir. Del escribe Brabátegos: "
"Xosé Quintas Canella artella un interesante e orixinal relato sobre unha rapariga estigmatizada desde nena por ser diferente. Rosiña, a flol da Celdeira, unha cativa que non sabe pronunciar o ele na China imperial, rebuldeira e alegre, que vai sufrir rexeitamento e marxinación por ser diferente, pero que amosa coraxe e resistencia, afouteza no pensamento, determinación. Polo camiño dese soñar, desa diversificación que se produce nun país tan afastado, conflúen personaxes como o xeneral Inshub Misho ou Lham Bhe, historias que maxicamente nos transladan e conforman pontes entre dúas culturas, a galega e a chinesa e que nos levan a reflexionar sobre identidade, idioma e beleza"

Sanatoria, historia dos nenos raros de Francesc Grimalt, un sorprendente álbum, que según a presentación editorial... "é enxeñaría da ilustración, unha espectacular concepción do álbum ilustrado para un público xa lector e con múltiples lecturas dependendo da imaxinación de cada quen. É un libro para nenos grandes". Publicado por Baía.
Publicado por
Asesoría Bibliotecas Escolares para Rede Lectura el 7/02/2015 08:35:00 a. m.