Un recurso
necesario.
A Historia da literatura infantil
e xuvenil galega era
algo que se botaba de menos, especialmente a estas alturas cando esta
literatura xa pode ir falando de canon, de clásicos escritos orixinariamente no
noso idioma e dos que veñen de fóra pero son verquidos á nosa lingua para ir
creando ese sistema literario de noso. A literatura actual ten referencias do
pasado, bebe das fontes, de aí que sexa tan necesario recoller a liña do tempo
e os produtos que foi dando.
Esta é tamén unha
maneira de demostrar o moito que ten avanzado, en moi pouco tempo.
Neste caso, e
seguindo unha colección de ensaios que ata a actualidade xiraba arredor de
temáticas argumentais e xéneros, a profesora Blanca Ana Roig co seu grupo de colaboradoras,
preséntanos este estudo.
Un estudo amplo que
leva aparelladas as dificultades que moitos deles teñen. Cando moito citamos,
podemos botar de menos algunhas referencias de gran importancia no estudo desta
literatura. Incluso nos pode resultar excesiva a bibliografía no que se refire
ás participantes neste libro e facerse moi visible o silencio doutras fontes.
Non imos a analizar as razóns desa invisibilidade, pero debemos telas en conta
á hora de seguir a estudar a nosa literatura infantil e xuvenil.
O dito, un recurso
a ter en conta para non esquecer o que hai, para valorar o canon e para ir
analizando as novidades, na proporción debida. Un
estudo necesario, a investigación universitaria buscando sistematizar esta
produción.Partindo da organización temporal e seguindo as
metodoloxías que ás investigadoras lle semellan máis axeitadas ao sistema literario
galego.
--
Publicado por Asesoría Bibliotecas Escolares para Rede Lectura el 8/15/2015 11:30:00 a. m.