A noticia de que o escritor Manuel María
será o autor homenaxeado o próximo 17 de maio foi moi ben recibida polo
conxunto da sociedade galega. Poucas veces un autor recibe este aplauso unánime
dos lectores. A RAG acertou na súa elección.
Manuel María, ademais de
poeta para o público xeral e a infancia, foi narrador e autor teatral.
Un creador atento ás necesidades do
sistema literario galego, da escola e da sociedade. Cando publicou Os soños na
gaiola declaraba que era o libro que tivera gustado ler cando cativo. E
os pequenos e pequenas do país déronlle cumprida resposta. Os soños saíron da
gaiola para voar e ser cantados por Suso Vaamonde, e con el, polos galegos dun
tempo.
As Aventuras e desventuras dunha
espiña de toxo chamada Berenguela, foi unhas desas obras de teatro que
encheron os escenarios dos centros de ensino. teatro para ler, para
representar, para falar... porque ten mensaxe.
E outros libros para a infancia e a
xuventude, para confirmar que nas bibliotecas escolares haberá moito que dicir
deste autor da Terra Cha.
Un autor que conta cunha Fundación que
achega moita información e recursos para traballalo. Un autor que recibiu o I
premio Leixaprén de centros de ensino pola súa contribución ao galego.
--
Publicado por Asesoría Bibliotecas Escolares para Rede Lectura el 7/06/2015 10:48:00 a. m.