De cristal,
é o título da última obra de Silvestre Gómez Xurxo que fala da vulnerabilidade.
Cinco relatos, cinco, sobre a indefensión do ser humano.
Conta o autor que a
colección de relatos nace da petición dunha nena, que quere un conto titulado
"O home de cristal e o mago". Escribira Gloria Sánchez A casa de cristal
do señor Clin (e
ilustráraa Miguel Calatayud), unha das historias máis tristes ás que dera lugar
a nosa literatura, porque cando es tan inocente que nada tes que ocultar faste
transparente coma o cristazl e como el igual de delicado, de forma que calquera
ceh pode destruír. Estaría ben reler esta obra antes de entrar nas de Gómez
Xurxo... porque son estas unhas historias nas que o autor entra con presenza
propia -parando o relato- porque en cada unha delas "O ratiño negro",
"O ratiño branco", "O gato negro", "O pavo real"
ou "Gulag de galgos" se presenta unha situación na que determinados animais
padecen indefensión e un protagonista humano se identifica con eles porque a
súa situación é parella e a súa dor é semellante.