BIBLIOTECA IES MARQUÉS DE SARGADELOS.

17/3/15

MUNDO CRUEL


O alumnado da materia Educación para a Cidadanía de 2º ESO realizou unha actividade en colaboración coa biblioteca do centro no marco da educación emocional. A actividade denominada Mundo Cruel estivo inspirada pola proposta didáctica do mesmo nome da colección Filosofía visual para niños da editorial Wonder Ponder. Consistiu en realizar un mural colectivo con textos, fotos e debuxos traballados e seleccionados previamente por grupos. Os textos incluídos seleccionáronos @s alumn@s a partir das respostas ás preguntas incluídas nas fichas da proposta didactica. Para isto axudáronse de dicionarios e dalgúns libros de ética e/ou filosofía. As fotos escolléronas dos periódicos atrasados. Foron recortadas polos grupos e engadíronlles un pé de foto. Finalmente os debuxos alusivos ao motivo da actividade foron  realizados pol@s alumn@s voluntarios de cada grupo. Nunha segunda sesión, o mural resultante foi motivo de debate na propia biblioteca e posteriormente levouse á aula de referencia para a súa exposición.