27/11/15
24/11/15
23/11/15
7/11/15
27/10/15
10/10/15
7/10/15
6/10/15
19/9/15
14/9/15
31/8/15
Un recurso
necesario.
A Historia da literatura infantil
e xuvenil galega era
algo que se botaba de menos, especialmente a estas alturas cando esta
literatura xa pode ir falando de canon, de clásicos escritos orixinariamente no
noso idioma e dos que veñen de fóra pero son verquidos á nosa lingua para ir
creando ese sistema literario de noso. A literatura actual ten referencias do
pasado, bebe das fontes, de aí que sexa tan necesario recoller a liña do tempo
e os produtos que foi dando.
Esta é tamén unha
maneira de demostrar o moito que ten avanzado, en moi pouco tempo.
Neste caso, e
seguindo unha colección de ensaios que ata a actualidade xiraba arredor de
temáticas argumentais e xéneros, a profesora Blanca Ana Roig co seu grupo de colaboradoras,
preséntanos este estudo.
Un estudo amplo que
leva aparelladas as dificultades que moitos deles teñen. Cando moito citamos,
podemos botar de menos algunhas referencias de gran importancia no estudo desta
literatura. Incluso nos pode resultar excesiva a bibliografía no que se refire
ás participantes neste libro e facerse moi visible o silencio doutras fontes.
Non imos a analizar as razóns desa invisibilidade, pero debemos telas en conta
á hora de seguir a estudar a nosa literatura infantil e xuvenil.
O dito, un recurso
a ter en conta para non esquecer o que hai, para valorar o canon e para ir
analizando as novidades, na proporción debida. Un
estudo necesario, a investigación universitaria buscando sistematizar esta
produción.Partindo da organización temporal e seguindo as
metodoloxías que ás investigadoras lle semellan máis axeitadas ao sistema literario
galego.
--
Publicado por Asesoría Bibliotecas Escolares para Rede Lectura el 8/15/2015 11:30:00 a. m.
14/7/15
LIBROS CENSURADOS.
Kalandraka informa da censura dun dos
seus libros:
“Orellas de bolboreta”,
con texto de Luisa Aguilar e
ilustracións de André Neves(publicado
pola editora pontevedresa en galego, castelán, catalán, éuskaro, portugués,
inglés e italiano) é uno dos 49 títulos que o novo alcalde de Venecia, Luigi
Brugnaro, retirou das garderías e das escolas municipais de Educación Infantil
por estar incluído no programa “Ler sen estereotipos”, desenvolvido polo
anterior goberno local.
Trátase dunha das obras máis demandadas, recomendadas e eloxiadas do catálogo de Kaladraka, seleccionada polo Plan Nacional de Lectura en Portugal e finalista en Italia do Premio Nacional Cittá di Bella".
Este álbum forma parte dun programa de lectura titulado “Ler sen estereotipos”, que reúne 49 títulos entre os que se atopan destacados clásicos da literatura infantil e xuvenil, como Pequeno Azul e Pequeno Amarelo, de Leo Lionni e Imos cazar un oso, de Michael Rosen e Helen Oxenbury .
--
Publicado por Asesoría Bibliotecas Escolares para Rede Lectura el 7/13/2015 07:42:00 a. m.
Volver aos cómics clásicos, ás series que fan lectores.
Bandas deseñadas para rir e rir e rir
e... volver a rir. E rindo recuperamos as referencias dun mundo que sigue
vivo.
Con Goscinny e Uderzo, en galego, de
novo... porque están tolos estes romanos e nós somos irredutibles. Beberemos a
poción máxica para meternos a gladiadores ¡pobres dos adestradores e donos de
escravos! ¡pobres dos godos que un día se atreveron co nosos druída! ¡pobres
dos que non estean dispostos a respectar a aldea gala!
Secuestro tras secuestro, Obélix e
Astérix recuperan o que é seu, sexa druída ou bardo... que aínda que resulte
molesto ha de volver a onde o aprecian porque é compañeiro.
--
Publicado por Asesoría Bibliotecas Escolares para Rede Lectura el 7/14/2015 08:59:00 a. m.
8/7/15
Traca-Traco. 24 cantigas de nanar, un aloumiño e un arrolo.
Deliciosa achega poética de Paco Rivas, escritor natural da Mariña lucense.
Libro ideal para pais e nais que queiran aprender sinxelas pero preciosas
cantigas para arrolar aos seus pequenos/as; e tamén para docentes da
área de música de educación primaria e secundaria, pois achega información
para a utilización de instrumentos de orquestra Orff, de Seso
Durán.
Interveñen no disco que acompaña ao libro voces como: Maruxa, Tereixa e
Carmen (Fuxan os ventos), Antón Castro (Fuxan os ventos e Tundal); Miro
Casabella, Najla Shami, Lydia Botana; Ángela
Castro, Montse Ogando, Víctor A. Castro (Tambo).
Prólogo de Alonso Montero, presidente da RAG. Ilustracións de Alfonso
Otero Regal.
CONTIDO:
— CD audio: 24 cantigas de nanar, un aloumiño e un arrolo
— Pista de datos: Karaokes
Partituras do disco: Arranxos Orff con opción de ver a partichela de cada
instrumento co seu son MIDI
Outras versións con karaoke
Aplicación lectora de partituras
Partituras das melodías orixinais en dúas tonalidades
O xardín de Irene,
é un libro poesía para primeiros lectores. Di o autor que a este público polo
que sinte especial predilección hai que darlles palabras en idioma galego desde
o berce, co obxectivo de que ao medrar sigan querendo ler na lingua de Galicia.
Darlles versos, achegarlles un ritmo que os engancha. As ilustracións son de Leandro Lamas, un creador moi próximo á
infancia. Edición de editorial ferrolá Embora.
Cantos de sol a sol é un libro-CD,
con ilustracións de Xosé Vizoso y musicado por Xosé Lueiro. Aquí as
poesías son musicadas e as ilustracións enchen as páxinas para acompañar as
cancións.
Tamén ilustrado por Xosé Vizoso está o
libro Aquel neno que
consta de pequenos relatos do autor de Gres.
Todos eles, dirixidos á infancia. Todos
eles escritos nos últimos anos con toda a enerxía creadora do autor das Memorias dun neno labrego. Neira Vilas continúa a producir os textos
necesarios.
--
Publicado por Asesoría Bibliotecas Escolares para Rede Lectura el 7/08/2015 11:27:00 a. m.
LETRAS GALEGAS 2016: MANUEL MARÍA
A noticia de que o escritor Manuel María
será o autor homenaxeado o próximo 17 de maio foi moi ben recibida polo
conxunto da sociedade galega. Poucas veces un autor recibe este aplauso unánime
dos lectores. A RAG acertou na súa elección.
Manuel María, ademais de
poeta para o público xeral e a infancia, foi narrador e autor teatral.
Un creador atento ás necesidades do
sistema literario galego, da escola e da sociedade. Cando publicou Os soños na
gaiola declaraba que era o libro que tivera gustado ler cando cativo. E
os pequenos e pequenas do país déronlle cumprida resposta. Os soños saíron da
gaiola para voar e ser cantados por Suso Vaamonde, e con el, polos galegos dun
tempo.
As Aventuras e desventuras dunha
espiña de toxo chamada Berenguela, foi unhas desas obras de teatro que
encheron os escenarios dos centros de ensino. teatro para ler, para
representar, para falar... porque ten mensaxe.
E outros libros para a infancia e a
xuventude, para confirmar que nas bibliotecas escolares haberá moito que dicir
deste autor da Terra Cha.
Un autor que conta cunha Fundación que
achega moita información e recursos para traballalo. Un autor que recibiu o I
premio Leixaprén de centros de ensino pola súa contribución ao galego.
--
Publicado por Asesoría Bibliotecas Escolares para Rede Lectura el 7/06/2015 10:48:00 a. m.

3/7/15
Acuario 2, con versos de María Canosaacompañada das
impresionantes imaxes de Dani Padrón. Publicado por Embora. É a continuación daquel Acuario que xa xiraba arredor da temática do mar. Del escribe ramón
Nicolás en Caderno da crítica: (...)
"Cómpre non
esquecer, asemade, ese valor tan precioso que asume con naturalidade como é o
de ofrecer a fixación acaída dos termos clave sobre os que xira cada un dos
poemas. Velaí como a balea, o xurelo, o tiburón, os chocos, o
sanmartiño, o longueirón ou a anguía, entre outros, se deseñan con algúns dos
seus trazos característicos, potenciando a familiaridade do seu coñecemento a
través de certas personificacións, permitindo así convertelos en seres
próximos, cheos de vida e atractivo para calquera lectora ou lector, sospeito
que aínda máis para os que comezan a aventura da lectura".
A flol da celdeira,
un conto chinés, de Xosé Quintas Canella e
ilustrado porÁnxeles Ferrer en
Everest Galicia, na colección Ler é vivir. Del escribe Brabátegos: "
"Xosé Quintas Canella artella un interesante e orixinal relato sobre unha rapariga estigmatizada desde nena por ser diferente. Rosiña, a flol da Celdeira, unha cativa que non sabe pronunciar o ele na China imperial, rebuldeira e alegre, que vai sufrir rexeitamento e marxinación por ser diferente, pero que amosa coraxe e resistencia, afouteza no pensamento, determinación. Polo camiño dese soñar, desa diversificación que se produce nun país tan afastado, conflúen personaxes como o xeneral Inshub Misho ou Lham Bhe, historias que maxicamente nos transladan e conforman pontes entre dúas culturas, a galega e a chinesa e que nos levan a reflexionar sobre identidade, idioma e beleza"
"Xosé Quintas Canella artella un interesante e orixinal relato sobre unha rapariga estigmatizada desde nena por ser diferente. Rosiña, a flol da Celdeira, unha cativa que non sabe pronunciar o ele na China imperial, rebuldeira e alegre, que vai sufrir rexeitamento e marxinación por ser diferente, pero que amosa coraxe e resistencia, afouteza no pensamento, determinación. Polo camiño dese soñar, desa diversificación que se produce nun país tan afastado, conflúen personaxes como o xeneral Inshub Misho ou Lham Bhe, historias que maxicamente nos transladan e conforman pontes entre dúas culturas, a galega e a chinesa e que nos levan a reflexionar sobre identidade, idioma e beleza"
Sanatoria, historia dos nenos raros de Francesc Grimalt, un sorprendente álbum, que según a presentación editorial... "é enxeñaría da ilustración, unha espectacular concepción do álbum ilustrado para un público xa lector e con múltiples lecturas dependendo da imaxinación de cada quen. É un libro para nenos grandes". Publicado por Baía.
Publicado por
Asesoría Bibliotecas Escolares para Rede Lectura el 7/02/2015 08:35:00 a. m.
22/6/15
Cadros dunha exposición é
unha peza de Modest Mussorgsky, que
interpreta a Filarmónica de Nova York dirixida por Guiuseppe Sinopoli. Ademais, Cadros
dunha exposición é un libro con texto de José Antonio Abad e ilustracións deXosé
Cobas.
Un obxecto de arte.
Un libro CD no que se unen as palabras, as notas musicais e a pintura para que
todos os sentidos poidan gozar da beleza.
Cóntasenos a
historia dun grupo de gansas que cada día pasa por diante do Museo de San
Peterburgo e nunha ocasión, unha delas -nova e despistada- entra no museo e vai
paseando e vendo os cadros de Viktor Hartmann, observando as pinturas mentres a
música nos conduce.
19/6/15
28/5/15
15/5/15
14/5/15
7/5/15
3/5/15
26/4/15
25/4/15
21/4/15
DÍA DO LIBRO 2015. A NOSA PARTICULAR GUÍA DE LECTURA.
PREME NO ENLACE E VERÁS OS LIBROS QUE NOS GUSTAN.
https://drive.google.com/file/d/0B5n6-FhcC4wXWGN6TkdYQkdKeDg/view?usp=sharing
6/4/15
30/3/15
A rula, o peluche e a nena de Paco Martín, acaba de
saír do forno.
Unha familia de
rulas con dúas fillas. Unha delas moi curiosa, descobre un oso nunha galería.
Cando fala con el, cóntalle que nesa casa vai nacer unha nena, e decide
agardala. Non se irá a países máis quentes, non acompañará aos pais e á irmá
porque se quedará nesta casa para coñecer á cría dos humanos.
Que hai que facer
neses caso? Como sobrevivir nunhas temperaturas que non che corresponden? Como
alimentarse cando xa non hai sementes nos campos? Como manterse en forma no
medio do inverno?
Pero a historia irá
máis lonxe, porque o oso tamén quere coñecer mundo... ¡e lograrao, vaia se o
logrará!
Noutra cor, o autor
diríxese á nena nunha conversa paralela á historia.
--
Publicado por Asesoría Bibliotecas Escolares para Rede Lectura el 3/30/2015 08:41:00 a. m.
28/3/15
De cristal,
é o título da última obra de Silvestre Gómez Xurxo que fala da vulnerabilidade.
Cinco relatos, cinco, sobre a indefensión do ser humano.
Conta o autor que a
colección de relatos nace da petición dunha nena, que quere un conto titulado
"O home de cristal e o mago". Escribira Gloria Sánchez A casa de cristal
do señor Clin (e
ilustráraa Miguel Calatayud), unha das historias máis tristes ás que dera lugar
a nosa literatura, porque cando es tan inocente que nada tes que ocultar faste
transparente coma o cristazl e como el igual de delicado, de forma que calquera
ceh pode destruír. Estaría ben reler esta obra antes de entrar nas de Gómez
Xurxo... porque son estas unhas historias nas que o autor entra con presenza
propia -parando o relato- porque en cada unha delas "O ratiño negro",
"O ratiño branco", "O gato negro", "O pavo real"
ou "Gulag de galgos" se presenta unha situación na que determinados animais
padecen indefensión e un protagonista humano se identifica con eles porque a
súa situación é parella e a súa dor é semellante.
26/3/15
25/3/15
17/3/15
MUNDO CRUEL
O alumnado da materia Educación para a Cidadanía de 2º ESO realizou unha
actividade en colaboración coa biblioteca do centro no marco da educación
emocional. A actividade denominada Mundo Cruel estivo
inspirada pola proposta didáctica do mesmo nome da colección Filosofía visual para niños da editorial Wonder Ponder. Consistiu en
realizar un mural colectivo con textos, fotos e debuxos traballados e
seleccionados previamente por grupos. Os textos incluídos seleccionáronos @s alumn@s a partir das respostas ás preguntas incluídas nas fichas da proposta
didactica. Para isto axudáronse de dicionarios e dalgúns libros de ética e/ou
filosofía. As fotos escolléronas dos periódicos atrasados. Foron recortadas
polos grupos e engadíronlles un pé de foto. Finalmente os debuxos alusivos ao motivo
da actividade foron realizados pol@s alumn@s voluntarios de cada grupo. Nunha segunda sesión, o mural resultante foi
motivo de debate na propia biblioteca e posteriormente levouse á aula de
referencia para a súa exposición.
PREMIOS DA EDICIÓN
Os premios da edición, nas diferentes
modalidades corresponderon a...
Premio Xosé María Álvarez Blázquez á mellor autora do ano para María Reimóndez
Premio Ánxel Casal ao mellor libro de ficción para A viaxe de Gagarin de Agustín Fernández Paz
Premio Neira Vilas ao mellor libro infantil para Escarlatina, a cociñeira defuntade Ledicia Costas
Premio Ánxel Casal ao mellor libro de poesía ou teatro para Estrela do Norte, de Luís Rei Núñez
Premio Ánxel Casal ao mellor libro de non ficción para O soño galego de Julio Cortazar, de Francisco X. Fernández Naval
Premio Lois Tobío á tradución para As froliñas de San Francisco de Darío X. Cabana
Premio Isaac Díaz Pardo ao mellor libro ilustrado para Leviatán de Ramón Trigo
Premio Xosefa Iglesias Vilarelle ao mellor libro educativo para Historia das mulleres galegas. Das marchas nómadas á Marcha Mundial das Mulleres de Pepe Carreiro
Premio Rosalía de Castro á Iniciativa Editorial para a colección Rescate de Alvarellos Editora
Premio Xosé María Álvarez Blázquez á mellor autora do ano para María Reimóndez
Premio Ánxel Casal ao mellor libro de ficción para A viaxe de Gagarin de Agustín Fernández Paz
Premio Neira Vilas ao mellor libro infantil para Escarlatina, a cociñeira defuntade Ledicia Costas
Premio Ánxel Casal ao mellor libro de poesía ou teatro para Estrela do Norte, de Luís Rei Núñez
Premio Ánxel Casal ao mellor libro de non ficción para O soño galego de Julio Cortazar, de Francisco X. Fernández Naval
Premio Lois Tobío á tradución para As froliñas de San Francisco de Darío X. Cabana
Premio Isaac Díaz Pardo ao mellor libro ilustrado para Leviatán de Ramón Trigo
Premio Xosefa Iglesias Vilarelle ao mellor libro educativo para Historia das mulleres galegas. Das marchas nómadas á Marcha Mundial das Mulleres de Pepe Carreiro
Premio Rosalía de Castro á Iniciativa Editorial para a colección Rescate de Alvarellos Editora
Suscribirse a:
Entradas (Atom)